A EVOLUCIÓN DE CALPURNIA TATE

A EVOLUCIÓN DE CALPURNIA TATE

Editorial:
FACTORIA K FAKTORIA K
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-15250-45-6
Páginas:
304
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Descatalogado

18,00 €

Observar o mundo con curiosidade non era o que se agardaba dunha señorita de boas maneiras. Mais a Calpurnia interésanlle as teorías científicas de Darwin máis que conformarse coas limitacións dun destino predeterminado. No verán de 1899, a protagonista desta historia aprenderá a ser naturalista. Ilustración de cuberta de BETH WHITE

«A evolución de Calpurnia Tate» conta a historia dunha nena de case 12 anos -a máis nova de sete irmáns- no seo dunha familia acomodada nunha pequena vila de Texas. Investigando nos libros da biblioteca e facendo ensaios nun pequeno laboratorio, achegarase á figura e aos descubrimentos revolucionarios de Charles Darwin. Trátase dunha novela xuvenil, extensible ao interese dos lectores adultos, polo que se axusta ao concepto actual de crossover. Transcorre no ano 1899, unha época na que as nenas eran educadas para seren señoritas de boas maneiras e desenvolverse unicamente no fogar: cociñar, coser e limpar a casa eran as principais obrigas das mulleres nunha sociedade na que, o máis ocioso que se lles reservaba, era tocar o piano e comportarse con rigorosa corrección. A inconformista Calpurnia rebélase contra ese destino predeterminado para buscar a súa propia identidade e formarse segundo as súas inquedanzas intelectuais e científicas: ir ao río, observar a natureza e recoller mostras que logo analizará coa axuda do seu avó librepensador, o único familiar que apoia a súa curiosidade polo mundo e que lle obsequia un exemplar de «A orixe das especies» e un caderno para que aprenda a aplicar o método científico ás súas observacións.

A obra -que ten continuidade no volume titulado «O curioso mundo de Calpurnia Tate»- tamén aborda cuestións do ámbito familiar, en especial a relación da protagonista cos irmáns: o amor e o desengano, as trasnadas xuvenís e os pequenos conflitos da vida cotiá.

Otros libros del autor

  • LA EVOLUCIÓN DE CALPURNIA TATE. EDICIÓN 10º ANIVERSARIO
    Titulo del libro
    LA EVOLUCIÓN DE CALPURNIA TATE. EDICIÓN 10º ANIVERSARIO
    KELLY, JACQUELINE
    EDICIÓN ESPECIAL CONMEMORATIVA DEL 10º ANIVERSARIO.MÁS DE 100.000 EJEMPLARES VENDIDOS EN ESPAÑA.UNA PROTAGONISTA DE ...
    Agotado

    9,95 €

  • A EVOLUCIÓN DE CALPURNIA TATE
    Titulo del libro
    A EVOLUCIÓN DE CALPURNIA TATE
    KELLY, JACQUELINE
    "A evolución de Calpurnia Tate" conta a historia dunha nena de case 12 anos -a máis nova de sete irmáns- no seo dunh...
    RECÍBELO EN 48H

    18,00 €

  • O CURIOSO MUNDO DE CALPURNIA TATE
    Titulo del libro
    O CURIOSO MUNDO DE CALPURNIA TATE
    KELLY, JACQUELINE
    Calpurnia quería pasar o ano 1900 ampliando os seus coñecementos sobre a natureza, pero un devastador furacán altera...
    RECÍBELO EN 48H

    18,00 €

  • EL CURIOSO MUNDO DE CALPURNIA TATE
    Titulo del libro
    EL CURIOSO MUNDO DE CALPURNIA TATE
    KELLY, JACQUELINE
    Una nueva novela donde nos volvemos a encontrar con Calpurnia Virgina Tate, su hermano Travis, el abuelo de Walter y...
    RECÍBELO EN 48H

    17,90 €

  • LA EVOLUCIÓN DE CALPURNIA TATE
    Titulo del libro
    LA EVOLUCIÓN DE CALPURNIA TATE
    KELLY, JACQUELINE
    Siglo II dC. Unos meses antes de su muerte, el emperador Adriano -que sabe por sus médicos de la inminencia de ella-...
    RECÍBELO EN 48H

    18,90 €