A FESTA EQUIVOCADA

A FESTA EQUIVOCADA

Editorial:
INDECISA
Año de edición:
Materia
PROSA, NO FICCIÓN
ISBN:
978-84-124562-4-0
Páginas:
244
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
En stock

19,50 €
Comprar

A festa equivocada é unha escolma da crónica xornalística e persoal que Fran P. Lorenzo foi publicando, durante a década dos dous mil, nas páxinas do diario Galicia Hoxe. A sección de opinión que acolleu estes artigos, Vai de blog, tentaba exportar á prensa escrita a narrativa e o ton das bitácoras virtuais.

?

A recusa consciente do poder e do pudor é o fío de unión de todas estas prosas incidentais. Nelas fálase de política e de batallas culturais, fálase de lingua, de diversidade sexual, fálase dos medios de comunicación e fálase –ao cabo– da vida dun país na encrucillada da historia.

?

Semellaba que todo se podía dicir. Até que un día, tras un edicto do Arcebispado de Santiago, aquela ilusión finou, e con ela a celebración do ben supremo que é a liberdade de expresión. Por iso latexa aínda, en cada páxina deste libro, o eco en sordina dunha festa que nunca acaba.

?

Os artigos que compoñen A festa equivocada son textos búmerang: migraron da rede ao papel dun periódico e, desaparecido o seu rastro en Internet, volven agora en forma de libro co mesmo afán de dar no albo, de bater, achegando unha lectura reveladora, aguda e lúcida do seu tempo, proxectada no espello dos nosos días

Otros libros del autor

  • CABALOS E LOBOS
    Titulo del libro
    CABALOS E LOBOS
    P. LORENZO, FRAN
    Cabalos e lobosFran P. Lorenzo (Autor/a)EDICIÓN LITERARIA>NARRATIVAPremio Blanco Amor 2014Vigo. Setembro de 1972. Pa...
    RECÍBELO EN 72H

    20,50 €