A FILOSOFÍA ILUSTRADA DE FR. MARTÍN SARMIENTO

A FILOSOFÍA ILUSTRADA DE FR. MARTÍN SARMIENTO

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
FILOSOFIA
ISBN:
978-84-7507-731-4
Páginas:
255
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Consulte previamente la disponibilidad

20,50 €

Fr. Martín Sarmiento (Vilafranca do Bierzo, 1695 - Madrid, 1772) é un dos maiores pensadores do século XVIII español e galego, pero o ineditismo da súa obra (non publicou máis que a Demostración Crítico Apologética...) dificultou e dificulta o seu coñecemento. Autor preocupado por tódalas ciencias humanas: Semiótica, Pedagoxía, Etnografía, Dereito... deixa en todas elas importantes aportacións. O conxunto da súa obra -fragmentaria, corrosiva, científica- é producto dun humanismo naturalista, sustentado en investigacións e observacións empíricas. A filosofía ilustrada de Fr. Martín Sarmiento é a primeira lectura filosófica sobre este autor. Pretende dar a coñecer algunhas das súas orixinais contribucións ó pensamento do século XVIII, século de luces e antiluces, e recuperar a unha das nosas ilustres figuras para ubicala na mellor tradición do pensamento español e galego, na tradición do pensamento emancipatorio.