A GÓNDOLA FANTASMA

A GÓNDOLA FANTASMA

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
INFANTIL Y JUVENIL
ISBN:
978-84-8302-897-1
Páginas:
128
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Descatalogado

9,20 €

Gianni Rodari escribiu esta obra hai cincuenta anos. Unha novela que constitúe unha grande homenaxe á "Comedia da Arte" e ós seus personaxes característicos os amos e os criados ou bufóns. Bufóns, pobres de todo, pero a cal máis pícaro, entre os que destacan: Arlequín, que vendería os calzóns feitos de distintos farrapos de macarróns, o máis raposeiro dos bufóns; Polichinela, o napolitano que ten máis de ladroeiro ca de criado, que loce unha xoroba diante e outra detrás; Colombina, a máis simpática e presumida do grupo, que sempre vai o seu e coquetea con calquera con tal de conseguir o que quere. Entre os amos, que mangonean moito e perden sempre, figuran personaxes como Pantalón, o vello avarento de Venecia, moi agarrado e de longuísima capa negra; o Doutor, o médico que non sabe de medicina; ou omedoso Capitán.
Nesta divertidísima novela de Rodari, unha gondola fantasma, que navega sen gondoleiro polas canles venecianas, provoca secuestros, enganos, persecucións e abordaxes entre piratas, mercadores e personaxes da Comedia da Arte; todos buscan o fillo do Califa de Bagdad. ¿Quen viaxará nesa góndola misteriosa?
Como sucede en toda a Comedia da Arte aquí os personaxes teñen moita máis importancia có argumento, xa que son os propios personaxes os que dan pé ó argumento. En "A góndola fantasma", esta historia veneciana de Rodari, o lector asistirá as pelexas entre amos e criados, entre vellos emozos, entre poderosos e míseros, entre sabios e burros, e, neste caso tamén, entre mouros e cristiáns.

Otros libros del autor

  • TODOS LOS COLORES DE LA PAZ
    Titulo del libro
    TODOS LOS COLORES DE LA PAZ
    RODARI, GIANNI
    “Sería una fiesta para toda la tierra hacer la paz antes que la guerra”. A través de esta bella antología de poemas...
    RECÍBELO EN 48H

    16,95 €

  • AS AVENTURAS DE PINOQUIO
    Titulo del libro
    AS AVENTURAS DE PINOQUIO
    RODARI, GIANNI
    “Velaquí comezan as aventuras de Pinoquio, as súas travesuras, monicreque famosísimo polo seu nariz longuísi...
    RECÍBELO EN 48H

    16,85 €

  • UNO Y SIETE
    Titulo del libro
    UNO Y SIETE
    RODARI, GIANNI
    Un relato necesario y esperanzador sobre la infancia, la tolerancia y la diversidad como antídotos contra la violenc...
    RECÍBELO EN 48H

    17,00 €

  • EL LIBRO DE LOS PORQUÉS
    Titulo del libro
    EL LIBRO DE LOS PORQUÉS
    RODARI, GIANNI
    Este libro, obra de uno de los iconos más universales de la literatura infantil, reúne un sinfín de preguntas y res...
    RECÍBELO EN 48H

    19,50 €

  • EL LIBRO DE LOS PORQUÉS - ANIMALES
    Titulo del libro
    EL LIBRO DE LOS PORQUÉS - ANIMALES
    RODARI, GIANNI
    En El libro de los porqués - Animales, los niños encontrarán las preguntas que todos nos hemos hechos de pequeños: ¿...
    RECÍBELO EN 48H

    8,95 €