A MENNULARA

A MENNULARA

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
ISBN:
978-84-8288-786-9
Páginas:
320
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

20,50 €

Premio de novela europea 2004. Un premio concedido por un xurado de lectores e lectoras, organizado polo Casino de Santiago de Compostela e que se concede a obras publicadas en calquera país de Europa. No 2004 a novela gañadora foi A Mennulara, da autora italiana Simonetta Agnello Hornby. A Editorial Galaxia en colaboración coa Consellería de Cultura do Concello de Santiago, publícaa na colección Literaria, co que continúa a súa liña editorial dedicada á edición en galego das máis salientables novidades de narrativa internacional. A novela conta a vida dunha muller singular, a Mennulara, chamada así porque de nena colleitaba améndoas. Unha novela que se inicia o 23 de setembro do ano 1963 coa morte da protagonista, para, posteriormente, desenvolver o relato en espiral ao redor da figura desta criada dunha familia de terratenentes sicilianos. Os veciños da vila de Roccacolomba pregúntanse sobre o poder desta muller, que chegou a ser, na práctica, a administradora das propiedades e do pazo da familia Alfallipe. Chegan a odiala e mesmo a maldicila, pero tamén hai quen a lembra con gratitude. ¿Quen era realmente?¿Unha sedutora?¿Unha peza máis nas mans da mafia local? A Mennulara é un dos máis intensos e poderosos retratos de muller da narrativa europea actual. Ao tempo a novela fainos volver á Sicilia de O Gatopardo, que, un século despois, aínda se debate entre o pasado e o presente, coma se quixese resistir ao paso do tempo. Un mundo de misterio e paixón, de personaxes e situacións memorables, contado coa sensualidade e o colorido da luz do Mediterráneo.

Otros libros del autor

  • NADIE PUEDE VOLAR
    Titulo del libro
    NADIE PUEDE VOLAR
    AGNELLO HORNBY, SIMONETTA
    SinopsisSimonetta Agnello Hornby nos habla de la Sicilia de su infancia, en cuyo entorno familiar, las personas que ...
    RECÍBELO EN 72H

    20,90 €

  • PALERMO ES MI CIUDAD
    Titulo del libro
    PALERMO ES MI CIUDAD
    AGNELLO HORNBY, SIMONETTA
    La via XX Settembre, en el corazón de Palermo, es donde, en 1958, se va a vivir la familia Agnello. El pequeño mundo...
    RECÍBELO EN 72H

    20,95 €