A NOITE BRANCA

A NOITE BRANCA

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-9914-460-3
Páginas:
416
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Descatalogado

23,95 €

Marcos sente a necesidade de coñecer e contar unha parte esquecida do seu pasado familiar cando descobre varias fotografías e un feixe de cartas escritas por un voluntario da División Azul, enviadas desde a fronte rusa en 1941, e atopadas no interior dunha caixa de marmelo.
Coa axuda da súa nai, o escritor inicia un proceso de investigación e de recuperación da memoria que o leva desde A Habana da emigración galega ata a fronte do río Volchov e o cerco de Leningrado, atravesando a Europa sacudida pola II Guerra Mundial.
Catro voces van debullando un conxunto de historias entretecidas, que son protagonizadas por unha galería de personaxes entre os que destacan Alfredo, o autor das cartas; a súa nai María Luísa; os membros do pelotón do que el forma parte; cidadáns rusos atrapados pola crueldade da guerra; nenos, exiliados republicanos; xudeus e soldados alemáns que son testemuñas da viaxe da División cara á fronte do leste.
Coa ribeira do Miño como centro e un mundo convulso como escenario, Fernández Naval constrúe en A noite branca unha narración emocionante, intensa, que lle permite recobrar personaxes e xeografías da súa primeira novela O bosque das antas (Premio Xerais 1988). A noite branca é unha novela de gran calado, de lectura seductora e decisiva na traxectoria literaria de Fernández Naval.

Otros libros del autor

  • O BOSQUE DAS ANTAS
    Titulo del libro
    O BOSQUE DAS ANTAS
    FERNÁNDEZ NAVAL, F. X.
    De entre todas as cidades galegas é Ourense aquela que foi máis intensamente 1iteraturizada. Desde A1varez de Nóvoa,...
    Disponible en 5 días

    20,50 €

  • PARA SEGUIR BAILANDO
    Titulo del libro
    PARA SEGUIR BAILANDO
    FERNÁNDEZ NAVAL, F. X.
    Dez magníficos relatos constitúen este novo libro de Francisco X. Fernández Naval, que abre con "Noite de pallabarro...
    Disponible en 5 días

    20,50 €