A NOITE DAS CEBOLAS

A NOITE DAS CEBOLAS

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-1110-498-2
Páginas:
320
Encuadernación:
Rústica
Colección:
NARRATIVA
Disponibilidad:
En stock

17,95 €
Comprar

Unha mañá de outono calquera no MoMA de Nova York Abril Andrade contempla «A noite estrelecida» de Van Gogh cando recibe noticia da irreversibilidade do seu cancro e, seguidamente, do falecemento do tío Bastián. A herdanza do vello faro familiar proporciónalle un inesperado refuxio onde o mar, a area e os toxos conforman a paisaxe solitaria na que ela se resigna a aceptar a súa propia morte. Contra todo prognóstico, unha corza esmagada no asfalto, un raposo famélico chamado Leonardo, un furtivo farfallán e retranqueiro, un torneo de fútbol veterano, unha nena que cheira a ouriños e unha sementeira de cebolas acompañada dun breve tratado para o seu cultivo demóstranlle que a vida, ás veces, é quen de meter un gol no tempo de desconto.
Rosa Aneiros volve engaiolarnos cunha novela sobre a beleza, a fraxilidade, a observación da natureza, os coidados, a memoria tramposa, a culpa e a íntima alegría de sentirse viva no medio dunha noite negra cando, de xeito inesperado, dan en esfacharear as estrelas.

Otros libros del autor

  • SOL DE INVERNO
    Titulo del libro
    SOL DE INVERNO
    ANEIROS, ROSA
    Sol de Inverno, a obra coa que Rosa Aneiros gañou o Premio Xerais 2009, é unha novela comprometida, densa e cun pous...
    RECÍBELO EN 72H

    26,95 €

  • CATRO PLUMAS DE DINOSAURO
    Titulo del libro
    CATRO PLUMAS DE DINOSAURO
    ANEIROS, ROSA
    Xoel é un apaixonado dos dinosauros. Durante a excursión do cole ás Fragas do Eume está convencido de que ha atopar ...
    RECÍBELO EN 72H

    12,95 €

  • SIBILA
    Titulo del libro
    SIBILA
    ANEIROS, ROSA
    É noite, a marea vai para arriba e chove a esmadrasar cando unha muller penetra ás agochadas nunha illa practicament...
    RECÍBELO EN 72H

    18,95 €

  • TRES BICHICOMAS, DÚAS ILLAS E UNHA SEREA
    Titulo del libro
    TRES BICHICOMAS, DÚAS ILLAS E UNHA SEREA
    ANEIROS, ROSA
    Edelmira odia dúas cousas por riba de todo: a nata do leite e o seu nome. A primeira consegue eliminala cun coador v...
    RECÍBELO EN 72H

    13,50 €

  • XELÍS, O GUIEIRO DAS BOTELLAS DE MAR
    Titulo del libro
    XELÍS, O GUIEIRO DAS BOTELLAS DE MAR
    ANEIROS, ROSA
    Cando Xelís descubriu aquela botella de mar na regaña máis agochada da Punta de Bruaboi, decatouse de que algo extra...
    RECÍBELO EN 72H

    14,50 €