A OCA DE LEONARDO

A OCA DE LEONARDO. XAQUIN MARIN

Editorial:
BIBLOS
Año de edición:
Materia
INFANTIL Y JUVENIL
ISBN:
978-84-935062-4-7
Páginas:
40
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
En stock

16,00 €
Comprar

Ramón Loureiro e Xaquín Marín presentan un conto ilustrado que recrea a Galicia de hai 200 anos


la voz ferrol

ImprimirVolver

Os dous coautores, onte, durante a presentación

Ferrol e Mondoñedo son os dous puntos de partida dun novo proxecto literario conxunto firmado polo escritor e xornalista Ramón Loureiro e o humorista gráfico colaborador de La Voz Xaquín Marín. Baixo o título A oca de Leonardo, os dous creadores relatan a viaxe a Galicia do vizconde bretón Chateaubriand nunha oca de ferro hai xustamente douscentos anos.

«É unha historia que fala sobre o que eu máis quero», dixo onte Loureiro en referencia á «Última Bretaña nosa na que Europa empeza». O escritor presentou a idea a Xaquín Marín e este non dubidou o máis mínimo. «Aínda que foi un proxecto moi difícil -explicou o ilustrador-, non estou arrepentido de facelo porque xa me gustou de entrada a idea».

A dificultade á que se refire Marín é a de «documentarse moito» para plasmar, non só as múltiples viaxes (Exipto, Fisterra, Ferrol, Mondoñedo...) que recolle o relato, senón que tamén era preciso «imaxinar o pasado» daqueles lugares.

Todo tipo de lectores

O resultado é un libro apto para todo tipo de lectores. Para os máis pequenos pola riqueza das ilustracións do coñecido humorista gráfico e a fantasía da historia ideada por Ramón Loureiro. Pero tamén é un conto para maiores polo seu contido histórico e de transcendencia mundial.

Loureiro explicou onte a concepción deste traballo, que xa se pode atopar nas librarías da man da editorial Biblos, como unha forma de interpretar a tradición como parte da memoria, «do que conforma o noso espírito como pobo». A relación entre a cultura bretona tan recorrida polo coautor e as terras galegas amósase nas páxinas desta Odisea, como a comparou onte Loureiro, a bordo dunha ave de ferro.

Ramón Loureiro, natural de Fene, é autor de, entre outras, As galeras de Normandía, novela que coa que foi finalista para o Premio Nacional da Crítica en lingua galega, e O corazón portugués.

Xaquín Marín, ferrolán de nacemento, publicou diversos albumes de banda deseñada, e colabora na actualidade como humorista gráfico de La Voz.

Esta obra é resultado da colaboración entre o xornalista e escritor Ramón Loureiro, responsable da escrita, e o debuxante Xaquín Marín, encargado da súa ilustración, e está editada por Biblos-Clube de Lectores.