A POUSA DA LIBÉLULA

A POUSA DA LIBÉLULA

Editorial:
MEDULIA EDITORIAL
Año de edición:
Materia
POESÍA GALEGA
ISBN:
978-84-19438-99-7
Páginas:
65
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
En stock

14,90 €
Comprar

A grandiosidade e fermosura da natureza, contemplada devagar a través das estacións anuais, constitúen o ámbito propicio para a reflexión, matizada pola gradación da luz co pasar das horas ou o luar, a impoñente presenza do mar -e, en menor medida, dos ríos- xunto cunha fauna e flora características (caramuxos, pegas, ameneiros, vide, azucenas, toxos, mirto etc.). Así, a libélula convértese nun símbolo tanto do mundo natural como da vida humana e os seus avatares; os temas prioritarios son o paraíso perdido da infancia, o medo, o soño, a soidade, o amor e a morte. Tamén se introducen testemuños dunha sociedade incapaz de remediar a mendicidade, a praga dos incendios ou a guerra. Os haikus d'A pousa da libélula, en fin, enfatizan o contraste entre a constante renovación fronte á brevidade da vida. Traducidos ao xaponés, compleméntanse cos gravados ukiyo-e, ponderando a beleza do efémero.