A REBELIÓN DUN BUDA

A REBELIÓN DUN BUDA. E AS CHAVES Á ÚLTIMA REALIDADE

Editorial:
AUTOR EDITOR
Año de edición:
Materia
FILOSOFIA
ISBN:
978-84-09-41356-0
Páginas:
269
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
En stock

Descuento:

-5%

Antes:

19,90 €

Despues:

18,91 €
Comprar

Desde o seu nacemento, o ser humano vivíu unha única realidade: cre que é a súa mente e corrente de pensamentos. Por iso os pensamentos gobernan as persoas, e non ó revés. Así a todo, se actúas como un observador da túa mente, chegarás a unha conclusión: por un lado están os teus pensamentos, e polo outro estás ti prestándolles atención. Esta atención consciente é a verdadeira porta ó teu interior, pero…

Que supoñería ignoralo?
Por que quedamos tan enredados na mente?

O condicionamento é capaz de construírche unha mente feita a medida por outros, encamiñándote a unha vida que non é propia de ti. Unha receita ideal para unha vida de insatisfacción. Coñeces o arrepentimento número un das persoas a piques de morrer?

«Oxalá tivese a coraxe de vivir unha vida real a min mesmo, e non a vida que outros esperaban de min». (The top five regrets of the dying).

A rebelión dun buda levarate a descubrir, paso a paso, a máxima expresión de quen es. O máis profundo significado do «coñécete a ti mesmo» de Sócrates.
O libro que sostés agora mesmo ensinarache os motivos que che impiden deter os teus pensamentos, como estes distorsionan a túa visión da realidade e diferentes ferramentas clave para poder liberarte de pensar e actuar de forma condicionada.
A obra culmina coa transformativa práctica do tantra: «As chaves á última realidade» do Vijnana Bhairaba Tantra.

Otros libros del autor

  • LA REBELIÓN DE UN BUDA
    Titulo del libro
    LA REBELIÓN DE UN BUDA
    VARELA ROMERO, IAGO
    Desde su nacimiento, el ser humano ha vivido una única realidad: cree que es su mente y su corriente de pensamientos...
    Disponible en 72h

    20,00 €