A REQUINTA DA ULLA

A REQUINTA DA ULLA. OBRADOIRO RIOBÓ

Editorial:
EMBORA
Año de edición:
Materia
MÚSICA
ISBN:
978-84-16456-66-6
Páginas:
188
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
En stock

35,00 €
Comprar

A requinta da Ulla é un instrumento musical tradicional galego, e como tal a súa historia está ligada a vida e á música do pobo onde se desenvolveu a súa actividade, concretamente no Val do Ulla. Dende a súa práctica desaparición (sobre os anos 80 do pasado século) ata hoxe, saíron á luz varios traballos imprescindibles para a recuperación deste fermoso instrumento tradicional, pero nunca tiveramos a ocasión de contemplar un cancioneiro de melodías que foran interpretadas no repertorio dos vellos requinteiros.

O traballo de transcrición de música sempre é unha difícil tarefa de estudo, limpeza e comprensión, mais sempre ten a súa recompensa cando con él se consigue resgardar e transmitir un patrimonio musical e inmaterial que estaba a piques de desaparecer.

Á parte das máis de oitenta partituras transcritas, este estudo contén a historia dos inicios e o desenvolvemento da frauta no Val do Ulla, así como a historia do Obradoiro García Riobó (A Estrada), o taller de gaitas e requintas máis antigo de Galicia aínda en funcionamento, xénese da fermosa frauta ullá. Fotos de instrumentos antigos e modernos, de agrupacións tradicionais e bandas de música, acompañan a esta historia
musical do noso pasado.

Por último, o lector poderá volver á vida os sons da requinta da Ulla e da súa contorna, coa gravación do CD que acompaña a este libro, que contén exemplos das pezas transcritas nas partituras e os sons das vellas gaitas, requintas e percusións que algún día soaron con forza e as que nos tempos actuais queremos devolverlle o seu protagonismo.