Non é unha novidade, pero si cremos que paga a pena reseñar agora este libro de poesía editado polo Centro PEN Galicia. Trátase de "A última música das cousas", de Bieito Iglesias.
A memoria, o amor, a memoria ferida e o desexo contrariado son os preparos cos que cociñou este libro. A música foi composta no silencio impuro dos eidos ou nos patios das casopas de arrabaldo onde moraban os árcades mortos.
Esta é a primeira ocasión na que Bieito Iglesias practica o intrusismo poético cun libro de versos. Etimolóxicamente un verso vén sendo un suco e chegou a unha idade en que lle apetece imitar aos devanceiros labradores.
Como prosador ficcionista, Iglesias ten publicado seis novelas e cinco colectáneas de relatos, títulos entre os que cabe citar: "Miss Ourense", "Bajo las más bellas estrellas", "A vida apoteósica", "Pan e coitelo" ou "Contos da terra da tarde".