A virxe das areas, unha novela na que Antonio Manuel Fraga narra unha historia ao redor do misterio que esperta a aparición en Vilar de Sembra dunha veciña, Norma Lago, desaparecida hai moitos anos. Desorientada e vestida só cun camisón branco, Norma camiña con tan poucos folgos que acaba por se esvaecer sobre os seixos da praia. O xubilado Paco Louro mergúllase no pasado da vila para tratar de clarexar o enigma que arrodea a aparición da rapaza.