A VOZ DAS ÚLTIMAS CIGARREIRAS CORUÑESAS

A VOZ DAS ÚLTIMAS CIGARREIRAS CORUÑESAS. LEMBRANZAS DO TEMPO IDO

Editorial:
BAIA
Año de edición:
Materia
BIOGRAFÍAS
ISBN:
978-84-9995-388-5
Páginas:
176
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

31,80 €

Darlles voz ás cigarreiras. Iso mesmo debeu pensar Emilia Pardo Bazán. Darlles voz directa, non falar sobre elas ou por elas, senón que sexan elas as que falen por si mesmas. Nesta ocasión non puidemos ir á Fábrica de Tabacos agora convertida en Audiencia Provincial pero buscamos lugar no que encontrarnos para falar con elas. Así, ao longo de horas de conversa con Pilar, Cani, Lolecha, Mariceli, Rosi, Elena, Camocha, Matucha, Elvira e Rosalía puidemos comprobar como pasados xa case 20 anos do peche da Palloza seguen emocionándose cando rememoran o seu paso polos diferentes talleres, as relacións cos xefes, as festas na fábrica, as dificultades para compaxinar traballo e familia... e, sobre todo, a dor e a tristura dos últimos días como cigarreiras. As entrevistas tratan de recoller as lembranzas de múltiples aspectos relacionados co seu traballo, pero tamén sobre ese sentimento que aínda manteñen de ser cigarreiras. Moitas das cuestións presentadas están precedidas por textos literarios a maioría de Pardo Bazán que serven para establecer similitudes, contrastes ou para evidenciar os profundos cambios que se