ÁMOTE VERMELLA

ÁMOTE VERMELLA

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
ISBN:
978-84-9782-953-3
Páginas:
168
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Descatalogado

21,05 €

Con Ámote vermella, o poeta Claudio Rodríguez Fer conclúe a súa triloxía poética sobre a memoria histórica iniciada con Lugo blues e proseguida con A loita continúa (Xerais 2004). Este poemario elexíaco, ilustrado pola pintora Sara Lamas, está organizado en tres partes: I. "No corazón da besta"; II. "Na besta do corazón" e III. "Memoria contra a morte". Na primeira parte, a máis extensa do libro o poeta e a pintora homenaxean a todas as mulleres vítimas da barbarie do 36, esquecidas entre os esquecidos. Así recupérase a memoria e o rostro das mulleres libertarias asasinadas en Galicia, como Josefa Barreiro González, nai humilde ou Dolores Blanco Montes, a voz das conserveiras e atadeiras do Morrazo. Outrosí faise con Juana Capdevielle, secuestrada tras ser fusilado o seu marido, Francisco Pérez Carballo, gobernador republicano da Coruña, e asasinada e enterrada en Rábade o 18 de agosto de 1936. Elexía pronunciada na lembranza de Amada García, fusilada en Ferrol o 27 de xaneiro de 1938, tras despedirse do seu pai, do seu marido e do seu fillo, acabado de nacer. Homenaxe que se estende ás mestras represaliadas (como María Vázquez Suárez, Mercedes Romero Abella ou a ourensá Erundina Álvarez Pérez), ás matronas republicanas, ás decenas de mulleres descoñecidas que agocharon a fuxidos e pagaron coa súa vida por isto ou a todas as mulleres que tolearon de dor durante aqueles anos da represión. Na segunda e terceira parte, o poeta homenaxea as súas voces filiais máis queridas. Ámote vermella é un berro emocionante contra o exterminio atroz daquelas vidas desfeitas, contra o esquecemento inxusto e o silencio cómplice no que se mantivo a estas vítimas do fascismo, ao tempo que cosntitúe un chamado en solidariedade con todas as comunidades do mundo que padecesen calquera ditadura do terror.

Otros libros del autor

  • LUGO BLUES
    Titulo del libro
    LUGO BLUES
    RODRÍGUEZ FER, CLAUDIO
    Cando en 1987 apareció la primera edición de Lugo Blues enseguida se convertió en un libro de culto, y sus versos ?q...
    En stock

    16,00 €

  • SANTIAGO MARCOS
    Titulo del libro
    SANTIAGO MARCOS
    RODRIGUEZ FER, CLAUDIO
    Tras la sublevación militar de 1936, el maestro republicano Santiago Marcos, huyendo de la represión fascista, logró...
    RECÍBELO EN 72H

    15,00 €

  • LES AMOURS PROFUNDS - OS AMORES PROFUNDOS
    Titulo del libro
    LES AMOURS PROFUNDS - OS AMORES PROFUNDOS
    RODRIGUEZ FER, CLAUDIO
    BiografíaEmpezó a escribir poesía a los ocho años de edad, bajo la influencia humanística y progresista de su padre....
    Disponible en 5 días

    12,50 €

  • DEATHLESS LOVES - AMORES SEN MORTE
    Titulo del libro
    DEATHLESS LOVES - AMORES SEN MORTE
    RODRIGUEZ FER, CLAUDIO
    Disponible en 5 días

    12,00 €

  • A LOITA CONTINÚA
    Titulo del libro
    A LOITA CONTINÚA
    RODRÍGUEZ FER, CLAUDIO
    "A loita continúa" é un compendio de actos de fala do poeta Claudio Rodríguez Fer sobre dores, amores e clamores en ...
    RECÍBELO EN 72H

    16,95 €