AO SAIMENTO DE NÓS

AO SAIMENTO DE NÓS. RETRINCOS DA INTRAHISTORIA DE CERDEDO IV

Editorial:
MORGANTE
Año de edición:
Materia
CONSULTA
ISBN:
978-84-15166-67-2
Encuadernación:
perfect
Disponibilidad:
Disponible en 2 días

20,00 €
Comprar

Liquidado o concelho de Cerdedo e integradas as suas freguesias num novo ente artificial que o caciquismo inventou como um remendo de curto percorrido com o que tentar fazer ver que fazem algo para evitar o que eles mesmos provocaram, quiçá seja o tempo de voltar a reivindicar com força a milenar Terra de Montes em toda a sua amplitude e com todas as suas paróquias. Percorrê-la saltando as linhas arbitrárias de concelhos e províncias, contribuir para estreitar laços de novo e manter viva a identidade do berce do Padre Sarmento, de Manuela de Barro, de Avelino Cachafeiro, de Chano Pinheiro e de tantos e tantas labregas, canteiros, artistas, agraristas, sindicalistas e intelectuais que pularam pelo bem do País e a justiça social.
ANJO TORRES


Calros Solla (Pontevedra, 1971) é profesor de lingua, etnógrafo e escritor. No eido poético, foi merecente en 2010 do premio Johán Carballeira de poesía. É artífice dos itinerarios culturais Roteiro Sarmento (Cerdedo) e Roteiro da Montaña Máxica (monte do Seixo), inseridos no seu Proxecto Montaña Máxica, co que porfía, a carón da colección de ensaios Cerdedo in the Voyager, na dignificación da terra cerdedense. En colaboración co Grupo de Estudos Etnográficos Serpe Bichoca realizou o documental Monte do Seixo. A Montaña Máxica (2009). Ao seu labor investigador e creativo engádese a súa faceta de conferenciante no ámbito da mitoloxía popular e da defensa do patrimonio. Adoito colaborador da prensa escrita, mantén na internet o blog O Embigo do Becho