AS AVENTURAS DE MIKOLAJ DOSWIADCZYNSKI

AS AVENTURAS DE MIKOLAJ DOSWIADCZYNSKI

Editorial:
RINOCERONTE
Año de edición:
ISBN:
978-84-17388-26-3
Disponibilidad:
En stock

16,00 €
Comprar

As aventuras de Mikolaj Doswiadczynski é considerada a primeira novela polaca. O protagonista desta novela de aprendizaxe e de viaxes, Mikolaj, un nobre polaco, narra a súa vida en primeira persoa cunha clara intención didáctica. Entre estas aventuras destaca a súa estadía en Nipu, unha illa ficticia na que Ignacy Krasicki sitúa unha utopía política que emprega como contrapunto para satirizar a sociedade europea da época.

O protagonista remóntase á súa infancia e censura a educación que recibiu, contaminada por demasiadas supersticións, cuxas pegadas percibe aínda na idade adulta e contra o que ten que loitar como home ilustrado. Ao longo dos tres libros nos que se divide a novela, Mikolaj aprende a comportarse como un bo cidadán.