ASASINATO NO CONSELLO NACIONAL

ASASINATO NO CONSELLO NACIONAL. BNG

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
POLICIACA THRILLER
ISBN:
978-84-9914-171-8
Páginas:
384
Encuadernación:
Rústica
Colección:
NARRATIVA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 48H

23,95 €
Comprar

Un encarapuchado asasinou de tres disparos a Mario Dacosta, parlamentario do Bloque Nacionalista Galego, cando saía da reunión do Consello Nacional no que a executiva, co seu voceiro á cabeza, Óscar Quiroga, presentou a súa dimisión. Os feitos aconteceron pouco despois das seis da tarde, cando Dacosta se dispuña a arrincar o seu coche, estacionado no aparcadoiro do Hotel Congreso de Santiago de Compostela. Segundo fontes da Delegación do Goberno, o pistoleiro achegouse ao parlamentario e asestoulle tres tiros, fuxindo posteriormente nun vehículo Renault Clio. Un dos disparos impactoulle na cabeza, provocándolle a morte. Os servizos sanitarios trataron de reanimalo no lugar do crime, sen éxito, durante media hora.O presidente en funcións da Xunta de Galiza, Felipe Méndez Tarrío, cualificou o suceso de “atentado contra a democracia”. O vicepresidente Óscar Quiroga, amosouse “conmocionado” e afirmou que “Galiza saberá estar á altura das circunstancias” ante un asasinato “que enche de rabia a todos os demócratas, e especialmente aos nacionalistas galegos”. Fernando Xelmírez, secretario xeral UPG, partido integrado no Bloque e no que o parlamentario militaba dende 1982, amosouse conmocionado polo suceso e cualificou a Dacosta de “camarada insubstituible e extraordinario patriota galego”. Horas antes do crime, Óscar Quiroga anunciara a súa dimisión ao comezo do consello nacional da formación frontista, conclave no que tamén presentou a súa renuncia toda a executiva. Abríase así unha nova etapa despois da derrota sufrida nos comicios autonómicos do 1 de marzo, cuxos resultados devolveron a maioría absoluta ao Partido Popular en detrimento do bipartito formado por PSdG-PSOE e BNG.Alberto Cudeiro, un detective elegante con ínfulas taoístas, recibirá da dirección do BNG o encargo de investigar este crime, que o levará, tamén, a resolver un enigma relacionado coa guerra civil.

Otros libros del autor

  • OFICIO NOCTURNO
    -5%
    Titulo del libro
    OFICIO NOCTURNO
    AMEIXEIRAS, DIEGO
    Cibrao traballaba de porteiro nunha discoteca, pero o local pechou e agora vaga cada noite pola cidade, atrapado nun...
    En stock

    18,95 €18,00 €

  • O DERRADEIRO GIMLET
    -5%
    Titulo del libro
    O DERRADEIRO GIMLET
    AMEIXEIRAS, DIEGO
    Suspendido de emprego e soldo, Amador decide marchar unha tempada da cidade coa intención de poñer a cabeza en orde....
    En stock

    18,50 €17,58 €

  • EL ÚLTIMO GIMLET
    -5%
    Titulo del libro
    EL ÚLTIMO GIMLET
    AMEIXEIRAS, DIEGO
    Suspendido de empleo y sueldo, Amador decide marcharse una temporada de la ciudad con intención de poner la cabeza e...
    En stock

    18,50 €17,58 €

  • UN ANARQUISTA
    Titulo del libro
    UN ANARQUISTA
    AMEIXEIRAS, DIEGO
    Barcelona, primavera de 1977. Miguel Duarte acaba de chegar á cidade. Ten vinte anos, traballa de camareiro no Nebra...
    RECÍBELO EN 48H

    18,50 €

  • OS SUICIDANTES
    Titulo del libro
    OS SUICIDANTES
    AMEIXEIRAS, DIEGO
    Nunha cidade do futuro, devastada por un réxime económico fóra de control, os individuos son arrastrados cara ao abi...
    RECÍBELO EN 48H

    20,50 €