ASASINOS, ASASINOS, ASASINOS!

ASASINOS, ASASINOS, ASASINOS!. A MORTE DE JUANA CAPDEVIELLE MULLER QUE FORA DE FRANCISCO PÉREZ CARBALLO (GOBERNADOR CIVIL REPUBLICANO DA CORUÑA A MATARON OS FASCISTAS SUBLEVADOS

Editorial:
TOXOSOUTOS TOXO SOUTOS
Año de edición:
Materia
HISTÓRICA
ISBN:
978-84-92792-87-0
Páginas:
60
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

10,00 €
Comprar

A morte de Juana Capdevielle aconteceu de xeito tan agónico e brutal que o puro relato documental da mesma constitúe xa de por si, sen aditamento ningún de ficción, unha verdadeira traxedia. Nada máis esperable, pois, que alguén, algún día, se decidise por converter aquel tristísimo episodio nunha novela.

Iso debeu pensar Vicente Piñeiro González, autor da recente Asasinos, asasinos, asasinos!, onde con nobre empeño narra as dúas últimas horas de vida da intelectual republicana.

Juana Capdevielle, muller que fora de Francisco Pérez Carballo (gobernador civil republicano da Coruña, a quen mataron os fascistas sublevados), resultou pronto persoa non grata para as novas autoridades profranquistas, quen vían nela unha dobre mácula: ser viúva de quen era e profesar como intelectual liberal e republicana de prestixio.

O asasinato perpetrado contra ela adquiriu, sen dúbida, carácter de vendetta exemplarizante: apresada na Coruña, foi levada en auto durante case un cento de quilómetros para ser tiroteada nunha gabia de Rábade, vila próxima á capital lucense, onde ficou sen vida e —extrema iniquidade— sen poder chegar a dála, pois ía encinta.

Asasinato tan inhumano é o que Vicente Piñeiro quixo recrear a través do seu monólogo Asasinos, asasinos, asasinos!, pois esas dúas derradeiras horas en coche e a lembranza que da súa vida e circunstancias puido chegar a facer nelas Juana Capdevielle é o que conforma a cerna narrativa deste libro, que conta, amais, cun amplo capítulo introdutorio de carácter ensaístico asinado polo propio autor.

O valor desta obra cómpre procuralo non tanto nos posibles acertos literarios coma na admirable recreación dun suceso que merecía gardarse, tamén si, como memoria ficcionada. Por iso, que en Asasinos, asasinos, asasinos! poida máis o pulo historicista do docudrama non impide recoñecer nel o acerto de recuperar e reactualizar para as novas xeracións unha historia que clamaba por ser rescatada do esquecemento.

Benia a Vicente Piñeiro e aos seus editores noieses de Toxosoutos, pois libros como este recórdannos que a literatura, amais de para outro milleiro de cousas, tamén serve para manter aceso o facho da dignidade humana.
Publicado en Crítica literaria,Narrativa galega actual Etiquetado Asasinos asasinos asasinos!,Crítica literaria,Editorial Toxosoutos,Narrativa galega actual,Vicente Piñeiro González


Criticalia
Blog de Armando Requeixo

Otros libros del autor

  • DEVÓLVENOS A XERMÁNICO
    Titulo del libro
    DEVÓLVENOS A XERMÁNICO
    PIÑEIRO GONZÁLEZ, VICENTE
    En stock

    12,00 €

  • LOS CÍRCULOS SAGRADOS
    Titulo del libro
    LOS CÍRCULOS SAGRADOS
    PIÑEIRO GONZÁLEZ, VICENTE
    Los círculos sagradosVicente Piñeiro GonzálezKékeres16,26 €Tapa branda20x15 cms.210 páginasI.S.B.N 978-84-95758-05-7...
    Disponible en 5 días

    14,77 €

  • EL ASESINO DEL FIN DE LA HISTORIA
    Titulo del libro
    EL ASESINO DEL FIN DE LA HISTORIA
    PIÑEIRO GONZÁLEZ, VICENTE
    Una mujer de unos 25 a¤os aparece estrangulada en el umbral de la puerta de un cementerio (posible escena del crimen...
    RECÍBELO EN 72H

    16,95 €

  • ADRIANO, EMPERADOR ROMANO
    Titulo del libro
    ADRIANO, EMPERADOR ROMANO
    PIÑEIRO GONZÁLEZ, VICENTE
    +Adriano, emperador de Roma, delincuente en el S.XXI, obra ganadora del VII Premio El Espectáculo Teatral. Vicente P...
    Disponible en 5 días

    9,00 €

  • TRES CUENTOS TRISTES
    Titulo del libro
    TRES CUENTOS TRISTES
    PIÑEIRO GONZÁLEZ, VICENTE
    Disponible en 72h

    6,00 €