ATUADO NA BRAÑA

ATUADO NA BRAÑA

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-8302-770-7
Páginas:
632
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

25,95 €
Comprar

Atuado na braña relata a teima de Luís Salgueiro Pardo, un empresario da construcción acomodado e triunfador na procura do seu pasado. Un segredo familiar, revelado pola súa nai, convértese na chispa que provoca a busca das súas raíces e a verdadeira identidade da súa familia biolóxica. Luis Salgueiro deixará o temón da súa empresa en mans de persoas da súa confianza e acometerá unha viaxe apaixonada cara ás súas orixes agachadas na Casona do Saviñao e na braña lamacenta de Bouzuás, onde se ocultan, dende hai anos, a Meiga e dúas rapaciñas novas. Unha viaxe na que Luis Salgueiro poñerá en risco a súa propia vida e suporá reavivar unha ferida que, despois de corenta anos, aínda segue aberta. A represión militar dos anos da posguerra (cando a garda civil perseguía aos últimos guerrilleiros), os receos da xente da aldea, a crueldade dunha implacábel e feroz persecución que non rematou e unha vida que, paseniñamente, se vai esfarelando, levarán, nunha narración cargada de intriga, á descuberta duns froitos que só a porfía dun home capaz de enfrontarse aos demais e á natureza pode acadar.
O eixo desta novela extensa e ambiciosa, escrita nunha prosa fermosísima e engaiolante, reside na necesidade que sente o protagonista, ese antiheroe vividor e elitista, de acometer unha descuberta profunda sobre quen é, sobre o que sente, sobre a necesidade de enfrontarse o que non sabe de si mesmo, anque poida sucumbir e perder todo aquilo que posúe.
Novela longa á vella usanza, impregnada de intriga sabiamente dosificada, que non se resolve ata a última das súas 628 páxinas, aborda outros temas de actualidade: a corrupción política e empresarial, os modelos de uso do idioma, as relacións interpersoais de amizade e de parella, o pensamento mítico, ou as formas de vida tradicionais no mundo rural galego.
Atuado na braña é unha historia do presente que, coa mestría dunha trama inzada de paixóns, odios, obsesións e desencontros, remexe no pasado para encarar a procura da identidade.

Otros libros del autor

  • COA MAN ESQUERDA
    Titulo del libro
    COA MAN ESQUERDA
    QUIROGA, XABIER
    En Lisboa, fronte á foz do Texo, un escritor retirado recibe un sobre que contén unha nota e un cartafol cheo de fol...
    RECÍBELO EN 72H

    17,95 €

  • O BAILE DOS ESTORNIÑOS
    Titulo del libro
    O BAILE DOS ESTORNIÑOS
    QUIROGA, XABIER
    Un afamado escritor, con problemas cardíacos e de creatividade, recibe un suposto agasallo en forma de historia por ...
    RECÍBELO EN 72H

    24,95 €

  • EL CABO DEL MUNDO
    Titulo del libro
    EL CABO DEL MUNDO
    QUIROGA, XABIER
    Cuando la prestigiosa periodista de investigación Rhoda Gradwyn ingresa en Cheverell Manor, la clínica privada del ...
    RECÍBELO EN 72H

    20,90 €

  • LA CASA DEL NAZI
    Titulo del libro
    LA CASA DEL NAZI
    QUIROGA, XABIER
    El Fiscal Superior de Justicia de Galicia recibe un paquete que contiene, además de una carpeta con noticias de vari...
    RECÍBELO EN 72H

    22,90 €

  • IZAN O DA SACA
    Titulo del libro
    IZAN O DA SACA
    QUIROGA, XABIER
    O Fiscal Superior de Xustiza recibe do seu editor un paquete que contén, ademais dun cartafol con noticias de varias...
    RECÍBELO EN 72H

    24,95 €