BAILE EN GALICIA. METODO DE APRENDIZAXE

BAILE EN GALICIA. METODO DE APRENDIZAXE

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
Materia
MÚSICA
ISBN:
978-84-7154-525-1
Páginas:
280
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
En stock

12,00 €
Comprar

O estudio das danzas populares ten en Galicia unha longa tradición, gracias á cal coñecemos hoxe con rigor a música, a letra e os distintos puntos ou pasos que constitúen a estructura dos nosos bailes. As muiñerias, as "jotas", as ribiranas, as chouteiras, as carballesas ou as pandeiradas xa non teñen secretos para nós, aínda que os coñecementos actuais podan sempre ser ampliados ou matizados con novas aportacións.
O que si se botaba de menos era un manual que puxese en claro, tanto para o simple aficionado como para o prefesional, a técnica interpretativa de cada danza, de xeito que esta se puidese aprender con facilidade e coa seguridade de executar fielmente os distintos movementos de maneria canónica e conforme á tradición máis enxebre.
Esto é o que pretende o presente manual, no que o director ou o aficionado atoparán, perfectamente explicadas, con debuxos e as correspondentes anotacións musicais, as danzas máis características do folklore galego. Trátase, polo tanto, dun libro práctico, cunha clara intención pedagóxica.