‘BAIXO OS REMENDOS, NÓS’
Tras ‘Loitar cantando’ (2020), o primeiro proxecto do dúo Acordeireta (Saiáns, Vigo),
chega ‘Baixo os remendos, nós’, un segundo disco para segundas vidas.
PatriciaGonzález Iglesias e Alejandro Balbuena
concibir un álbum distinto e innovador, onde se sitúan, literalmente, debaixo das eivas
e dos problemas diarios para coselos co canto e a música. Son eles, os remendos, os
alicerces. Cos seus fíos preséntannos este novo traballo com anos, sen présa, ao son do corpo
Como xa acontecera en ‘Loitar cantando’, confluír nas voces e mans de Patri e Alex. Este disco convértese nunha revolta, na que
convive o social e a música tradicional, mesturada con temas de creación propia xunguida ás raíces e textos de poetas, moitas delas homenaxeadas no Día das Letras
Galegas, como son Rosalía de Castro, Manuel María, Florencio Delgado Gurriarán ou Xela Arias. Ademais, neste traball
Paco Ledo e Alberto Calvín, aos gaiteiros Desiderio e Modesto de Murias, ao acordeonista Pazos de Merexo, á escritora Raquel Castro e a Luz Fandiño, autora que
xa estivera presente no seu primeiro álbum (‘Loi que agora volve, outra vez, esta remendos.
A revolta faise visible nos directos de Acordeireta. Nos concertos mesturan varios instrumentos, como acordeón
pandeiretas, pandeiros, culleres, pratos con dedais e bombo, alén das voces e incluso contan cunha antiga máquina de coser para homenaxear tamén o importante labor
das costureiras. A variedade de instrume tonalidades, crea un ambiente ameno, fresco, contundente, emocionante, que convida a bailar e que goza dun estilo e son propios.
‘BAIXO OS REMENDOS, NÓS’ – ACORDEIRETA
Tras ‘Loitar cantando’ (2020), o primeiro proxecto do dúo Acordeireta (Saiáns, Vigo), chega ‘Baixo os remendos, nós’, un segundo disco para segundas vidas. Patricia
González Iglesias e Alejandro Balbuena Ojea parten do remendo co obxectivo de concibir un álbum distinto e innovador, onde se sitúan, literalmente, debaixo das eivas
e dos problemas diarios para coselos co canto e a música. Son eles, os remendos, os alicerces. Cos seus fíos preséntannos este novo traballo composto ao longo de va anos, sen présa, ao son do corpo.
Como xa acontecera en ‘Loitar cantando’, a poesía e a música encóntranse para confluír nas voces e mans de Patri e Alex. Este disco convértese nunha revolta, na que
sica tradicional, mesturada con temas de creación propia xunguida ás raíces e textos de poetas, moitas delas homenaxeadas no Día das Letras
Galegas, como son Rosalía de Castro, Manuel María, Florencio Delgado Gurriarán ou Xela Arias. Ademais, neste traballo Acordeireta rende homenaxe aos poetas labregos
Paco Ledo e Alberto Calvín, aos gaiteiros Desiderio e Modesto de Murias, ao acordeonista Pazos de Merexo, á escritora Raquel Castro e a Luz Fandiño, autora que
xa estivera presente no seu primeiro álbum (‘Loitar cantando’ son versos de Luz) e que agora volve, outra vez, estar con Patricia González e Alejandro Balbuena
A revolta faise visible nos directos de Acordeireta. Nos concertos mesturan varios como acordeón cromático, acordeón diatónico, diferentes tipos de
pandeiretas, pandeiros, culleres, pratos con dedais e bombo, alén das voces e incluso contan cunha antiga máquina de coser para homenaxear tamén o importante labor
das costureiras. A variedade de instrumentación, xunto aos diversos ritmos e tonalidades, crea un ambiente ameno, fresco, contundente, emocionante, que
convida a bailar e que goza dun estilo e son propios.
Temas:
1.- Mendo sobre remedio.
2.- Monólogo adicto.
3.- Rumba para Nora.
4.- Mazurca de Pazos / Ai! Lourido.
5.- Lembranza a Alexandre Bóveda.
6.- Soidá.
7.- Valse de Os de Maderne
8.- Gañemos a liberdade.
9.- Xota de Desiderio / Muiñeira de Vilarmide
10.- Polca de Desiderio / Muiñeira de Constante.
11.- Canto de esperanza / Pandeirada de Ribadavia.
12.- Alborada de Rosalia
Fotografía e deseño:
Yanka Soto - Fotografía 1.1
Gravación e masterización:
Anxo Xesteira – Estudos Anxest