BALEA MORTA OU LANCHA A PIQUE

BALEA MORTA OU LANCHA A PIQUE

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
INFANTIL Y JUVENIL
ISBN:
978-84-8302-858-2
Páginas:
128
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Descatalogado

12,00 €

Exposito Vindeira, o capitán Thunderskin, o fareiro ribadense protagonista de A rutina corsaria, a exitosa novela de piratas que Jaureguizar publicou dentro de "Xerais Fóra de Xogo", viaxa, acompañado pola súa tripulación, ata a illa de Nantucket nos Estados Unidos co obxectivo de visitar o Pequod, o barco co que Ahab dera caza á Moby Dick nos mares do Sur, que viña de ser rehabilitado. Alí Thunderskin, o bravo pirata alcumado Pel de Trono, e os seus dous amigos corsarios, o mestre Henrique Ferreiro e Joao, o mariñeiro portugués, tomarán por asalto aquel casco envellecido por milleiros de singraduras para, seguindo as grandes vetas oceánicas, procurar a nova grande balea branca, a arrepiante Dolly Dick.
Jaureguizar ofrécenos en ¡Balea morta ou lancha a pique!, a segunda entrega de "As aventuras do capitán Thunderskin", a primeira serie de novelas de piratas da literatura galega. Aventuras trepidantes, fantasía desbordada, humor a mans cheas, xogo con anacronismos deliberados (videoxogos, baleas clónicas...) e o teón de fondo constante da xenial Moby Dick de H. Melville constitúen algúns dos ingredientes cos que está construída esta novela fascinante.

Otros libros del autor

  • A BOCA DO INFERNO
    Titulo del libro
    A BOCA DO INFERNO
    JAUREGUIZAR
    Un libreiro aparece asasinado nunhas termas de Ourense. El sabía onde está a Boca do Inferno, o acceso ao lugar onde...
    RECÍBELO EN 72H

    13,50 €

  • PLACEBO
    Titulo del libro
    PLACEBO
    JAUREGUIZAR
    Roi sobreviviu a un accidente horrible. A memoria quedoulle sepultada nun aeroporto de París. De regreso a Galicia d...
    Disponible en 5 días

    17,95 €

  • OS SABUXOS DIVÍRTENSE NO MUSEO PROHIBIDO
    Titulo del libro
    OS SABUXOS DIVÍRTENSE NO MUSEO PROHIBIDO
    JAUREGUIZAR
    Nica é unha «detectivesa» que se dedica a resolver misterios no seu barrio coa axuda dos seus amigos, Os Sabuxos. O ...
    RECÍBELO EN 72H

    14,50 €

  • CORAZÓN DE CHOCOLATE
    Titulo del libro
    CORAZÓN DE CHOCOLATE
    JAUREGUIZAR
    Tintimán, un rapaz de dezaseis anos arrichado e algo insolente, herdou do seu pai a paixón por investigar misterios,...
    RECÍBELO EN 72H

    14,50 €

  • A COROA DE NAPOLEÓN
    Titulo del libro
    A COROA DE NAPOLEÓN
    JAUREGUIZAR
    Tintimán, un rapaz de dezaseis anos arrichado e algo insolente, herdou do seu pai a paixón por investigar misterios,...
    En stock

    14,50 €