BARALLOBRE NO PASADO

BARALLOBRE NO PASADO. FERROL

Editorial:
AYUNTAMIENTO DE FENE CONCELLO DE FENE
ISBN:
978-92-0-001633-2
Disponibilidad:
Agotado

6,01 €


Sanfiz e Arias ofrecen novas achegas no seu traballo “Perlío no pasado”
NICOLÁS VIDAL FERROL Actualizado 10 Enero 2014 -

O xornalista e investigador Henrique Sanfiz, durante a conversa luis polo

Cando a oportunidade xorde os xornalistas de Radio Fene Henrique Sanfiz e María Xesús Arias “Pitusa” recuperan a súa vocación como historiadores e a plasman en traballos de investigación local sobre parroquias como Maniños, Barallobre ou O Seixo. O último dos seus textos ten como protagonista á localidade de Perlío. “Durante a inauguración da restauración do retablo da igrexa de San Estebo, o pasado mes de xuño, os veciños nos comentaron que había moito interese en que a parroquia tivese a súa historia escrita. É natural que a xente trate de dialogar co seu pasado, coa historia que lle atinxe”, salienta Sanfiz. O 27 de decembro o Círculo Recreativo e Cultural de Perlío acollía a presentación deste traballo de investigación editado por Son Radiofusión e do que se tiraron 700 exemplares.

da prehistoria a suárez
Desde a prehistoria ata a ponte das Pías, a vida económica, social e cultural da parroquia fenesa desfila polas páxinas do libro que inclúe numerosas imaxes de veciños ou personaxes populares desde a actriz Mabel Rivera ou Xaquín Marín ata Adolfo Suárez.
En canto á elaboración do traballo, sinala Sanfiz: “Houbo dúas liñas claras, por unha banda a historia anterior ao século XX, que nos ofreceu algunhas sorpresas, e do século XX en adiante, para o que contamos xa con diversas entrevistas e testemuñas orais, moitas delas a través de traballos e reportaxes feitos para Radio Fene”.

novidades
A investigación levou á parella de historiadores e xornalistas a sacar á luz varias novidades de interese non só para a parroquia. “Na Baixa Idade Media, entre 1397 e 1404, o señor Pedro Fernández de Andrade viviu e morreu en Perlío, onde está enterrado. Durante eses anos Ferrol, que quería pasar á xurisdición real, cesou totalmente as súas demandas. Así mesmo, hai que destacar que en 1787, cando Ferrol era a cidade máis grande de Galicia, o militar liberal Juan de Villavicencio constrúe en Perlío unha fábrica de fariñas que aínda se conserva utilizando as melloras que comerciantes franceses fixeran nos seus muíños en Xuvia e Freixeiro uns anos antes e incrementando espectacularmente a cantidade de gran moído. Outro punto interesante foi a actitude de Ramón Aguilar, cuxo obradoiro de carpintería foi, entre 1918 e os anos 40, o precedente de Astano. Pois ben, este home acolleu a xente que fuxira da represión posterior á revolución de Asturias de 1934. Tralo golpe de Estado de 1936 foi detido acusado de ter facilitado as ferramentas aos defensores da República que cortaron árbores no Puntal e Conces para impedir o paso das tropas do exército que viñan desde Ferrol. Outro elemento que quixemos destacar dentro das innovacións que trouxo consigo Astano foi o das redes de solidariedade. Hai que ver como unha cultura industrial empapa enseguida uns traballadores que viñan do rural para crear sindicatos e un intenso compromiso coa loita antifranquista. A partir de 1972 convértese nun centro e referencia do movemento obreiro a nivel estatal”.
Os autores sinalan que haberá máis presentacións de “Perlío no pasado”, pero con data aínda por determinar.