BAZAN Y FERROL

BAZAN Y FERROL. UNA SIMBIOSIS PERFECTA

Editorial:
EMBORA
Año de edición:
ISBN:
978-84-95460-26-4
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

18,00 €






Autor: Varela Rodríguez, Amadeo
Colección: Biblioteca de Ferrolterra
Formato: 14,5x21 cm
Edición: 2003
Idioma: castelán
Páxinas: 192
Encuadernación: rústica
ISBN: 84-95460-26-2

Como sinala Siro López no seu prólogo, Ferrol é unha cidade que soportou a tensión de ser o escenario dun enfrontamento latente. Engade o humorista gráfico, que tamén traballou en Bazán, que Ferrol e Bazán foron e son unha parella de feito, que se necesitan e se queren, aínda que de vez en cando non se comprendan.

Amadeo Varela resume a historia de Bazán e a súa relación coa cidade a través dunha introdución e tratando os apartados laboral, social, cultural, deportivo, sindical e político. No libro descríbense os feitos máis importantes, ofrecéndose unha semblanza dos seus protagonistas colectivos e individuais, complementándoos en cada capítulo cun extenso anexo gráfico de fotografías e documentos.




De una manera generalizada, los ferrolanos tenían una idea de Bazán un tanto ambigua y estereotipada: Suena el pito, entran los obreros, resuenan en la ciudad los golpes y los ruidos propios del trabajo, vuelve a sonar el pito, salen los obreros y como consecuencia, de vez en cuando se celebra una botadura. Pero detrás de cada barco que nace, hay muchas horas de esfuerzo. En esa tarea, miles de trabajadores fueron gastando su salud y su vida. Y en no pocas ocasiones, esa vida se perdió en el transcurso de una jornada laboral de un día cualquiera. En este libro se pretende dedicar un emocionado recuerdo a aquellas personas que de alguna manera han tenido su cuota de protagonismo en el esfuerzo de levantar nuestra Bazán al importante lugar que ocupó, reflejando además la simbiosis Ferrol-Bazán, a través de los diversos aspectos de las actividades bazanistas, pertenecientes a una etapa que puede considerarse la más fructífera de la vida de la empresa, desde su fundación con el nombre de Astilleros del Rey, hace unos tres siglos. Esa brillante época duró más de cincuenta años: Desde julio de 1947, en que la factoría recibe el nombre de E.N. Bazán, hasta diciembre de 2000, fecha en la que pierde esta denominación y pasa a integrarse en el Grupo Izar.


Ferrol
Aquela Bazán
POR SIRO

Coñezo dous libros sobre Bazán, escritos por traballadores. O de Amadeo Varela Rodríguez, titulado Bazán y Ferrol. ¿Una simbiosis perfecta?, editado no 2003; e o de Xosé Díaz Dopico, titulado Bazán. Aquella cultura laboral, de 1996. Os dous autores parten do amor a unha gran empresa, na que entraron de rapaces e se formaron profesional e humanamente, pero as obras son moi diferentes. Amadeo Varela evoca con orgullo os mellores momentos da factoría e recorda con cariño a compañeiros que sobresaíron profesionalmente ou na vida social da cidade; o seu é un libro amable, e por eso pasa, sen velos, a carón de mandos pouco exemplares. Dopico, pola contra, identifícaos con nomes e apelidos, describe os seus abusos e aplícalles calificativos moi duros; escrebe dende as propias vivencias, con gratitude ou resentimento, e, na miña opinión, non sempre con obxectividade.

Varela fixo un gran traballo de investigación, un manual de consulta para quen queira coñecer aquela Bazán, a nosa Bazán. Co que eles contan e o que eu recordo, propóñome relatar nalgúns artigos unha escolma de anécdotas e curiosidades divertidas, porque en Bazán, ademais de construír barcos, houbo moita camaradería, moito enxeño e moito humor.

Por exemplo, des que en 1947 se creou a Escola de Aprendices de Talleres, cada mes de octubro ingresaban uns cen rapaces de catorce ou quince anos, despois de pasar un exame de ingreso; e como era opinión xeralizada que non se entraba sen padriño, había en Bazán quen exercía de padriño, lucrándose, sen facer nada. Tomaban nota dos seus recomendados, apañábanse para coñecer as listas de admitidos antes de se facer públicas, e se un rapaz aprobaba, chamaban aos pais para darlles a boa nova e contarlles que a cousa estivera difícil pero o seu empuxonciño fixera efecto; se o rapaz non entraba, chamaban tamén, para dicir que o exame fora moi deficiente e non se poidera facer nada. No primeiro caso recibían a mordida, e no segundo quedaban á espera do ano seguinte.

Non sei cantos aprendices entrarían por ter un padriño de verdade, con poder para incluílos na relación de admitidos, sen méritos para elo; pero tiñan preferencia, por esta orde: fillos de traballadores mortos en accidente laboral, fillos de viuvas de traballadores, familiares de caídos por Deus e por España, alumnos da Escola Obreira, familiares de mutilados de guerra, e afiliados a Falanxe. Que non era invención demóstrano as cartas de resposta ás solicitudes de ingreso, indicando o grupo correspondente. Un rapaz fillo de ía no 7º, despois dos seis relacionados; pero se tivese pillería, iría correndo a afiliarse á Falanxe antes de botar a solicitude, porque o Contrato de Aprendiz esixía aos admitidos estar encuadrados en el Frente de Juventudes, e a primeira das cláusulas obrigaba á empresa a conceder la autorización necesaria para que el aprendiz pueda acudir durante una hora semanal a las actividades que el Frente de Juventudes le señale y en la hora que previamente disponga dicha Organización. Esa hora era retribuída, pero se te escaquebas e non ías, descontábanche dúas. A empresa tamén estaba obrigada a conceder ao aprendiz un permiso anual de 20 días laborabeis, remunerados, para asistir a campamentos e viaxes organizados polo Frente de Xuventudes. De maneira que falanxistas fomos todos. E mariños, que tamén estabamos obrigados a facer a mili por Mariña.

A formación do aprendiz duraba catro anos e estaba ben pensada: unha hora no ximnasio para facernos fortes, e un bocata de xamón, queixo, chourizo, mortadela ou tortilla de pataca, para repoñernos do esforzo; tres horas diarias nas aulas para adquirir formación teórica, e o resto da xornada nos talleres, facendo prácticas.

Non era ouro todo o que relocía, e a carón das luces había sombras; pero aqueles aprendices convertéronse nos mellores profesionais da construción naval en España.

siro@siroartista.com

Otros libros del autor

  • RECUERDOS DEL VIEJO RACING
    Titulo del libro
    RECUERDOS DEL VIEJO RACING
    AMADEO VARELA RODRIGUEZ
    Historia del Racing de Ferrol desde su constitución en 1917 hasta 1958. Detalladas biografías de jugadores, entrenad...
    En stock

    15,00 €