BETANZOS MAGIC TOWN

BETANZOS MAGIC TOWN. ANÁLISE DE VALIDEZ DO TEST BETANZOS NAS ELECIONS AUTONÓMICAS

Editorial:
BIBLOS
Año de edición:
Materia
POLITICA Y GOBIERNO
ISBN:
978-84-15086-41-3
Páginas:
102
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
En stock

19,90 €
Comprar


Que ten Betanzos para que políticos de diferentes tendencias atribúan aos seus votantes a categoría de pitonisos dos resultados de todo o país? Por que xa en xuño de 1987 se falaba nun artigo publicado en “La Voz de Galicia” do “test” Betanzos? Agora podemos coñecer as anécdotas e a historia dun fenómeno estudado en medio mundo --do que foi pioneiro o matrimonio de sociólogos norteamericanos Robert Lynd Staughton e Helen Lynd Merrell-- e constatar, grazas ao rigor estatístico, como en Betanzos se dan as mesmas circunstancias que inspiraron a película Magic town de finais dos anos corenta.


No libro Betanzos, magic town. Análise de validez do test Betanzos nas eleccións autonómicas de Galicia editado por Biblos, a xornalista Carmen Cotelo explícanos de modo ameno tanto a historia das middle town ou cidades media que poden ofrecer información precisa sobre as votacións de toda unha nación, como a aplicación nas eleccións españolas e galegas dos métodos de prospección do voto derivadas dese tipo de medicións. A outra parte do tema, a constatación científica de que algunhas mesas electorais de Betanzos representan con exactitude a media do votante galego, corre a cargo de Salvador Naya como coautor do volume, achegando as gráficas e táboas precisas.


Sabido é que Galicia é máxica. Máxica de meigas. Pero neste libro proponse outro tipo de maxia: a que se demostra coa ciencia estatística. Deste xeito convirte unha cidade señeira coma Betanzos nun espello da película Magic Town, con James Stewart e Jane Wyman de protagonistas. Eleccións, enquisas, proxeccións de voto… e Manuel Fraga pedindo o “test de Betanzos”. Aquí non hai ficción. Este é un libro de ensaio, moi documentado e con ben de testemuños de quen sabe do tema. Conxuga o entretemento dunha lectura amena co intento de ser “unha achega necesaria para os estudos de markéting e comunicación política”, como di Xosé Luis Barreiro Rivas no prólogo. Segundo el mesmo di, a obra “constitúe un aporte esencial aos estudos electorais, que nos axuda a coñecer o desenvolvemento da Trasición e a formación da nosa cultura democrática entendida nos máis amplos sentidos políticos e experimentais”.


A parte de ficción achégaa o DVD que acompaña o libro con este clásico de Hollywood dirixido por William A. Wellman, na versión en castelán. Tómese como unha contribución dende Galicia ao Ano Internacional da Estatística. Carmen Cotelo. Xornalista. Nacida en Ames aínda que afincada dende sempre en Santiago, é licenciada en Ciencias da Información, funcionaria de carreira e Máster en Ciencias Documentais no Contorno Dixital. Exerceu coma xornalista en varios medios de comunicación antes de incorporarse como funcionaria de carreira á Xunta de Galicia, onde traballa actualmente.
Salvador Naya. Nado en Bregua (Culleredo), aínda que betanceiro de adopción. Profesor de Estatística da Universidade da Coruña coa acreditación nacional de catedrático de Estatística e Investigación Operativa. Autor de libros e máis de cincuenta publicacións sobre estatística aplicada. Membro electo do International Statistical I.