CADEAS

CADEAS. PREMIO XERAIS DE NOVELA 2013

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
ISBN:
978-84-9914-564-8
Páginas:
408
Encuadernación:
Rústica
Colección:
LITERARIA
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

22,50 €

Nun porto afastado, Manuel Antonio mantén unha fermosa historia de amor cunha sorprendente muller á que coñeceu grazas a un estraño navegante chamado Joseph Conrad. Un rapaz de 15 anos relata a época en que os veraneantes madrileños eran o punto de todas as olladas e desexos da súa vila. Dous grupos de mozos provocan unha trifulca durante unhas festas patronais ao inicio da Transición. O músico dunha orquestra e a camareira dun ambigú establecen unha engaiolante historia de amor...
Cadeas é unha novela de novelas. Un baúl de historias que denotan unha prodixiosa capacidade para fabular, para recrear, para imaxinar. A novela iníciase a partir da anécdota dun escritor que descobre na praia unha muller nova que le unha novela súa. Entre ambos os dous establécese unha curiosa e incómoda relación que nos conduce a un debate sobre a identidade do que é ou non é hoxe unha novela. Desde o fragmentarismo dun narrador que ás veces é pop e ás veces é culto, Cadeas paséanos por diferentes atmosferas, rexistros e historias con gran sentido do humor e cunha áxil ironía.
Esta é a novela dun ventrílocuo, alguén capaz de enredarnos a través de diversos xogos textuais que pretenden evidenciar para o narrador a imposibilidade de contar, problematizando as dificultades da escrita.

Otros libros del autor

  • CONTRABIOGRAFIA
    Titulo del libro
    CONTRABIOGRAFIA
    LOPEZ LOPEZ, XABIER
    Contrabiografía non é unha biografía á contra. Máis ben é unha autobiografía inversa, unha velada chiscadela ao Ever...
    En stock

    20,00 €

  • UN FRAUTISTA EN NILEMAH (ALA DELTA NOVO AZUL)
    Titulo del libro
    UN FRAUTISTA EN NILEMAH (ALA DELTA NOVO AZUL)
    LOPEZ LOPEZ, XABIER
    Cando o bo de Filippo Lettera descubriu aquela rata que asomaba os bigotes pola rañura dunha caixa do correo, pouco ...
    RECÍBELO EN 72H

    11,50 €

  • 900
    Titulo del libro
    900
    LÓPEZ LÓPEZ, XABIER
    Premio Torrente Ballester 2018 Coa primeira metade do século XX como pano de fondo, 900 é unha descomunal e estimul...
    Disponible en 5 días

    22,00 €

  • O SEGREDO DA VELLA LIBRERÍA
    Titulo del libro
    O SEGREDO DA VELLA LIBRERÍA
    LOPEZ LOPEZ, XABIER
    Unha librería aparentemente esquecida.Un cativo desesperado pola fame. Unha época escura na que homes sen escrúpulos...
    RECÍBELO EN 72H

    14,70 €

  • CADENAS
    Titulo del libro
    CADENAS
    LÓPEZ LÓPEZ, XABIER
    SinopsisEn una taberna remota hay quien afirma que el poeta Manuel Antonio perdió la cabeza por una mujer vestida de...
    RECÍBELO EN 72H

    21,90 €