CALENDARIO CEOS GALEGOS 2018

CALENDARIO CEOS GALEGOS 2018

Categoría:
AGENDAS
EAN:
9789202872677
Disponibilidad:
Disponible en 72h

20,00 €
Comprar

Ceos Galegos 2018, calendario astronómico é un produto tanxible, útil e fermoso. Un calendario de gran formato editado profesionalmente con imaxes dos mellores fotógrafos galegos da noite ou, cando menos, feitas en Galicia. Ao longo das súas 7 follas percorremos paisaxes típicas, fenómenos atmosféricos singulares, solpores, ceos estrelecidos e algunha imaxe astronómica de ceo nocturno. Cada imaxe ten un texto breve explicando o que se observa, recollendo páxina a páxina e de xeito didáctico, conceptos e temas diversos e interesantes.

O calendario astronómico é un proxecto de calidade que vale tanto para regalar como para ter en casa e consultar ou usar como axenda.

Entre as fotografías temos:

paisaxes ao solpor
paisaxes nocturnas
ceo profundo
fenómenos atmosféricos raros
estrelas e constelacións recoñecibles

Entre algunhas das súas características contamos con:

efemérides astronómicas galegas
as fases lunares
argola cómoda para penduralo
encadernación a mes visto con espazo para anotacións nos días
breve directorio