CAMIÑO DE SANTIAGO A MUXIA POR BRANDOMIL

CAMIÑO DE SANTIAGO A MUXIA POR BRANDOMIL. GUÍA PRÁCTICA PARA DESCUBRIR O CAMIÑO HISTÓRICO DE SANTIAGO... CAMINO DE SANTIAGO

Editorial:
ALVARELLOS
Año de edición:
Materia
VIAJES Y VACACIONES
ISBN:
978-84-16460-55-7
Páginas:
116
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

12,90 €
Comprar

A guía Camiño de Santiago a Muxía por Brandomil (Alvarellos Editora) de Manuel Vilar Álvarez, invítanos a descubrir unha senda histórica apenas recoñecida ata hoxe. Trátase do camiño máis directo entre Santiago de Compostela e Muxía, escollido desde hai séculos por peregrinos e camiñantes, e que ten como un dos seus emblemas a ponte medieval de Brandomil (a primeira etapa ata Negreira coincide co Camiño oficial de Santiago a Fisterra-Muxía). Unha ruta de 86 quilómetros que aquí se nos presenta con todos oa seus atractivos: plano con etapas, lugares e monumentos para visitar, e ilustrada con 75 reveladoras fotografías. Unha guía práctica que nos invita a percorrer con calma natureza e historia, porque, como afirma o autor, “andar os vellos camiños é reclamar o futuro".