CAMIÑOS NA AUGA

CAMIÑOS NA AUGA

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-9865-684-8
Páginas:
296
Encuadernación:
RÚSTICA
Colección:
LITERARIA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

21,50 €
Comprar

"Son un negro / a miña pel é branca / e iso gústame / é a diferenza o que é bonito. / Son un branco / o meu sangue é negro / e iso encántame / é a diferenza o que é bonito. / Gustaríame / que nos entendésemos no amor / que nos comprendésemos no amor e na paz. / A vida será fermosa / cadaquén poderá ter o seu amor / a vida será fermosa". ¿Todos somos diferentes ou todos somos iguais? Esa é a pregunta sobre a que se artella unha historia que intenta reformular a ficción da "diferenza" contrapoñéndoa á igualdade proclamada nos inicios da Idade Moderna pola Ilustración e a Revolución Francesa (a Europa actual). Núñez Singala escribe unha novela de iniciación situada na África poscolonial: a peripecia do protagonista, que busca a liberdade e o fai a través dunha viaxe iniciática, é o motivo que se desenvolve e mediante o cal o autor expón unha versión posmoderna da subxectividade, exemplificándoa nun caso de ambigüidade extrema, o dun individuo -Szymo- cuxa identidade contradí as súas características físicas.
Dese xeito, a literatura acaba por ser reforzo nada banal dunha das cuestións centrais da posmodernidade, a da produción de subxectividade como estratexia de reformulación da sociedade civil. De aí a pertinencia narrativa de situar esa reformulación nun contexto poscolonial, contexto no que claramente se está a resolver un conflito identitario semellante ao do suxeito posmoderno mais no nivel da organización política, é dicir, no nivel das nacións como discurso da diferenza.

Otros libros del autor

  • ATRANCO NO BANCO
    Titulo del libro
    ATRANCO NO BANCO
    NÚÑEZ SINGALA, MANUEL
    Hai atracos e hai atracadores, pero poucos tan zoupóns, trapalleiros e inútiles como os que tentan roubar o banco ne...
    En stock

    12,60 €

  • SACAR A LINGUA É DE MALA EDUCAICÓN
    Titulo del libro
    SACAR A LINGUA É DE MALA EDUCAICÓN
    NÚÑEZ SINGALA, MANUEL
    A aprendizaxe de idiomas, así, en plurarl, é algo para o que os nenos e nenas de todo o mundo están perfectamente ca...
    En stock

    14,70 €

  • MENÚ DE ENGANOS
    Titulo del libro
    MENÚ DE ENGANOS
    NUÑEZ SINGALA, MANUEL
    Velaquí un dos libros máis sorprendentes de todos cantos se teñen publicado na nosa lingua nos últimos anos. Literat...
    RECÍBELO EN 72H

    13,90 €

  • EN GALEGO, POR QUE NON?
    Titulo del libro
    EN GALEGO, POR QUE NON?
    NUÑEZ SINGALA, MANUEL
    En galego, por que non? é un libro escrito desde a lóxica máis esmagante, desde o sentido común máis evidente. É un ...
    RECÍBELO EN 72H

    17,75 €

  • PUB: ATRANCO NO BANCO
    Titulo del libro
    PUB: ATRANCO NO BANCO
    NUÑEZ SINGALA, MANUEL
    Agotado

    5,03 €