CAMPUS MORTE

CAMPUS MORTE

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-9151-164-9
Páginas:
184
Encuadernación:
Rústica
Colección:
LITERARIA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

18,20 €
Comprar

Debut literario de Lito Vila Baleato, que se presentará este sábado 24 de marzo ás 12:30h na libraría Couceiro de Compostela.
Campus Morte é unha trepidante novela onde non temos tempo para respirar. Iago Miranda, profesor compostelán en Alemaña, recibe unha inquedante mensaxe dun amigo da infancia que indaga a morte dunha estudante Erasmus acontecida quince anos atrás. O protagonista volve a Santiago procurando resolver un misterio que o levará de volta á Compostela de finais dos noventa e principios do milenio, ao tempo das esmorgas no Campus, aos amores da mocidade mal solucionados e a mortes que semellan non ter relación entre si.
Pola novela cunha Compostela tamén protagonista, desfilan persoas que poderían ser os nosos veciños, os nosos familiares, incluso os nosos amores. Todos cunha cara B inconfensable. Todos, chegado o caso, dispostos a matar.


Lito Vila Baleato naceu en Alemaña en 1978, país onde é profesor de ensino secundario despois de medrar e estudar en Compostela. Publicou seis lecturas graduadas para escolares e público xuvenil que aprende castelán, ademais de diferentes series de libros de texto para educación secundaria. É fillo de emigrantes e membro do que el mesmo deu en chamar “A xeración da burbulla”, como presenta no seu blog do xornal de Santiago de Compostela El Correo Gallego, onde escribe e comenta dende a súa perspectiva na diáspora xermana. Campus morte é a súa primeira novela en lingua galega.