CANTIGAS DE TABERNA

CANTIGAS DE TABERNA. CANCIONES DE TABERNA EN GALEGO

Editorial:
CORSARIAS
Año de edición:
Materia
MÚSICA
ISBN:
978-84-16121-81-6
Páginas:
256
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Disponible en 1 semana

12,99 €
Comprar

O libro "Cantigas de Taberna" de Alexandre Cadarso Suárez e Manuel Torres recompila cen cancións populares

Os Cantos de Taberna volven estar en auxe varias décadas despois do seu momento de esplendor alá polos anos 60. A aparición de novas formacións musicais e a recuperación de tradicións relacionadas coa cultura popular fan que as cancións de outrora recuperen o seu valor, sobre todo a través de músicos con ampla traxectoria no folclore popular.

Por este motivo, o músico Alexandre Cadarso e o debuxante Manuel Torres, que pertencen á formación Muiñeiros de Sarela, publicaron o libro "Cantigas de taberna". Nel recólleron cen cancións populares "Cada vez que nos gustaba unha peza, eu púñame a pasar a música e recompilaba a letra. E cando nos demos conta, tiñamos cen pezas de cantigas de taberna". A estas engadironlle as súas correspondentes partituras e unha colección de debuxos que ilustran o contido das mesmas. Hai pezas moi coñecidas como Ai Pepiño adiós, E pousa, pousa, pousa, xunto a outras que temos no noso repertorio, pezas de grupos como Treixadura, Os Carunchos, Os Melidaos e Cantigas e Agarimos, entre outros. A todos lles agradecen o desinterés por permitirlle a publicación dos seus traballos. Colaboraron moito, pareceulles unha idea moi bonita e as quixemos incorporar".

Trátase de "un libro de traballo", explica Torres, "xa que a maioría das persoas non coñecen toda a letra das cancións, soamente o refrán". Pareceulles moi interesante incluír tamén as partituras, de modo que o libro é unha ferramenta para todos aqueles interesados en interpretalas. A obra recolle cancións recompiladas polos Campaneros de Vilagarcía, ou por Os Terribles de Arousa, entre moitos outros.
(Fonte: Artigos publicados en Faro de Vigo e La voz de Galicia)