CANTOS DE LEMBRANZA

CANTOS DE LEMBRANZA. POEMAS DE XOSE NEIRA VILAS

Editorial:
XUNTA DE GALICIA
Año de edición:
ISBN:
978-84-933317-6-4
Páginas:
32
Encuadernación:
CARTONÉ
Disponibilidad:
En stock

15,00 €
Comprar

Concerto de Manoele de Felisa presentando o novo disco “Cantos de lembra” con poemas de Xosé Neira Vilas

Libro-disco "Cantos de lembranza" de Manoele de Felisa e Xosé Neira Vilas

O cantautor Manoele de Felisa presenta o libro-disco que ven de sacar á luz en colaboración co escritor Xosé Neira Vilas. s.

“Cantos de Lembranza” é o título deste libro-disco concibido como unha homenaxe á infancia do que é unha das figuras máis relevantes da literatura galega de todos os tempos.

Cantos de Lembranza

Neira Vilas fai un repaso a través da poesía, polos seus recordos máis profundos; a súa nai, os seus avós, os veciños… Un repaso que debuxa todas as imaxes que o escritor ten gardadas na súa memoria; a escola, o camposanto, o río… En definitiva un camiñar polo seu Gres natal e as súas primeiras lembranzas. O encargado de cantalas é Manoele de Felisa, cantautor de longa traxectoria, decidiu poñerlle música a estes poemas e convertelos en cancións, dando como resultado un CD de catorce pezas musicais preparadas coa colaboración do propio Neira Vilas. Toda unha honra aseguraron ámbolos dous.

Non é a primeira vez que o músico de Cuntis lle pon son a unha obra poética, dende que comezara no ano 99 musicalizando as cantigas de Martín Códax, foron varios os escritores que pasaron pola súa guitarra, un xeito de achegar estas obras ó público dun xeito diferente, dándolles outra dimensión.

O disco foi producido por Sons de Galicia e Limón Produccións e na súa elaboración participaron figuras tan destacadas da cultura galega como Luís Emilio Batallán, Uxía Blanco, Uxía Senlle, Jose Acha, Clara Pino, Jacobo González, Eduardo Méndez (Dubi), Carlos Calviño, Carlos Dadín (Chavo), Pablo Vidal, Silvia María, Willy Mondeja, Abranham Leiro, Javier Rabanal ou Sapoconcho. Moitos destes colaboradores tamén estarán presentes no concerto desta noite.

Na publicación de Cantos de Lembranza tamén poarticipou o profesor e escritor Víctor Freixanes, prologuista do libro así coma os ilustradores Sabela Arias, Xosé Vizoso, Chema Pazos, Ma. Fe. Quesada ou Xaquín Marín.

O proxecto conta coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia. Ademais, tamén colaboran o Concello de Vila de Cruces, o Concello de Boqueixón e a Fundación Xosé Neira Vilas.

Ó rematar, os asistentes poderán gozar dunha degustación de unha variedade de queixos e marmelo por cortesía de Queixos Hoxe de Lalín e Silleda, acompañados cun viño da Adega Eidos, situada en Sanxenxo.