CARMIÑA SIERRA. A PRIMEIRA MULLER DO SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS

CARMIÑA SIERRA. A PRIMEIRA MULLER DO SEMINARIO DE ESTUDOS GALEGOS

Editorial:
ALVARELLOS
Año de edición:
Materia
BIOGRAFÍAS
ISBN:
978-84-18567-45-2
Páginas:
228
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

19,50 €
Comprar

Entre as poucas mulleres que ingresaron no Seminario de Estudos Galegos en 1923, a primeira admitida naquela entidade científica, a poucos días de se constituír, foi unha cesureña que percorreu case todo o século XX, Carmiña Sierra Domínguez (Pontecesures, 1906-Caracas, 1996). Estudou Filosofía e Letras en Compostela, obtivo unha cátedra de Literatura Española e exerceu en varios centros de ensino medio fóra de Galiza. Tras a sublevación militar, rexentou co seu home unha granxa en Cortinallas (Pontecesures) e, tras ser detida pola súa militancia política e compromiso antifranquista, estivo tres anos encarcerada en Ventas. A comezos dos anos 50 exiliouse en Venezula.

Esta monografía dedícase a recuperar unha traxectoria tan rica en experiencias, en afectos, en compromiso polas causas da xustiza e a liberdade, que abrangue todo o seu percurso vital, desde o nacemento até a morte. O libro enriquéceuse cun cento de imaxes e documentos históricos moi descoñecidos.