CARTAS

CARTAS

Editorial:
RINOCERONTE
Materia
PROSA, NO FICCIÓN
ISBN:
978-84-17388-98-0
Colección:
VETERA
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 48H

16,00 €
Comprar

Baixo a autoría de Alcifrón chegou ata os nosos días unha colección de textos en grego, con forma de cartas, cuxo contido está ambientado na Atenas de finais do século IV e principios do III a.n.e., segundo se deduce dalgúns datos e personaxes mencionados na obra. Praxíteles, Epicuro, Apeles ou Menandro aparecen relacionados coas heteras, e as institucións democráticas atenienses son reiteradamente presentadas como activas no contexto das cartas.

Aínda que non hai referencias explícitas á data na que foron escritas, todos os indicios apuntan a que foi varios séculos despois da época que describen.