CASTELO DE SAN FELIPE

CASTELO DE SAN FELIPE. CARCERE E MORTE RIA DE FERROL

Editorial:
EMBORA
Año de edición:
ISBN:
978-84-92644-21-6
Páginas:
44
Encuadernación:
CARTONÉ
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

10,00 €


Autor: Maiz, Bernardo
Colección: Biblioteca de Ferrolterra
Formato: 13x21 cm
Edición: 2010
Idioma: galego
Páxinas: 48
Encuadernación: rústica
ISBN: 978-84-92644-21-6

A de San Felipe é unha memoria pétrea, unha memoria na que os poros da pedra son completados polas “porosidades” formais do edificio, que se ven de cando en vez enchidas pola auga pero tamén pola memoria dos homes e mulleres que o viviron. O granito do castelo é, e está cheo de microfisuras nas que se recolle unha memoria pronta a xurdir, esperanzada. Na tarefa de fixar, de limpar a memoria, é sumamente clarificador e tranquilizador este preciso estudo, proporcionándonos, con palabra exacta, unha rigorosa memoria da historia máis recente e singular do edificio, a que emana polas feridas da pedra, pola lembranza dos presos e polas pegadas das balas que están por enriba dos pensamentos últimos.

**
«Moitos dos fondos carcelarios de San Felipe desapareceron»

O autor aclara no novo libro que presenta hoxe as derradeiras horas do alcalde Quintanilla antes do seu fusilamento

Francisco Varela
ferrol/la voz.
22/9/2010

Valoración (3 votos)

Bernardo Maiz Vázquez (Ferrol, 1950) xa traballara moito sobre a historia do castelo de San Felipe, como prisión, pero hoxe presenta un novo libro ( Castelo de San Felipe, cárcere e morte ) as oito da tarde na capela do Torrente Ballester. En realidade é o seu traballo para o plan director do conxunto monumental. Pero o arquitecto encargado do asunto, Iago Seara, ao ver a pescuda do historiador, aconsellou publicala. Curto, pero interesante, nas súas corenta páxinas saca á luz materias tan novas como as derradeiras horas do alcalde republicano Xaime Quintanilla, denantes do seu fusilamento.

-¿Como deu con estes datos inéditos deica agora?

-Moitos dos fondos carcelarios de San Felipe desapareceron. Principalmente o libro de presos, un documento importantísimo nesta materia, que non se sabe qué pasou con el cando se levou do arquivo do goberno militar de Ferrol para A Coruña, cando menos é sospeitoso. Pero tamén teño que dicir, e queda constancia no libro, que no Arquivo Militar actual, do vello cuartel de Artillería de Ferrol, atopei moita colaboración. Porque a pescuda tiven que facela con material administrativo, partes de levanza do cárcere e outros documentos menores, en fin, moito traballo.

-¿E o caso de Xaime Quintanilla?

-É certo. Penso que é a primeira vez que se publica esta materia. Quintanilla foi conducido o 17 de agosto do 1936 nunha embarcación da Mariña ata a rampla de atraque da fortaleza onde foi entregado a unha patrulla de falanxistas e gardas civís. Logo foi vítima dun paseo 'en las inmediaciones del castillo', di un documento. Moitos condenados a morte eran trasladados para a súa execución dende San Felipe ao cemiterio de Canido e, posteriormente, no 1937, diante das queixas da veciñanza dese barrio polos ruídos dos disparos e berros de agonía, cambiárono ao cemiterio de Serantes.

-Vostede fala de cifras de execucións no castelo, ¿cantas foron?

-Eu teño documentadas 145 persoas, pero poden ser sesenta máis, que non conseguín aclaralas por completo. Porque a parte das vítimas matáronas nas inmediacións do castelo. -Recolle tamén a microhistoria de moitas persoas anónimas ou ben coñecidas, símbolo de valentes e tamén outros de verdadeiros salvaxes... -Si. Entre eles, soldados de quinta que lles ordeaban formar parte dos pelotóns de fusilamento, case sempre da arma de Artillería, e que protagonizaron intentos de rebelión fartos de tantas execucións, ou un alférez e dez soldados, que non quixeron disparar ou fixérono moi alto, contra da parede superior do muro, onde ficaron as marcas das balas. E tamén casos contrapostos, un falanxista e soldado, que identifico como M. L., compoñente voluntario de pelotóns de fusilamento en vinte e tres ocasións, entre outubro do 1936 e maio do 1937, e que logo marchou á fronte.

-Tamén relata execucións de xente importante.

-Os militares de maior graduación asasinados polos sublevados como o contraalmirante Azarola Gresillón, aínda que neste caso foi en dependenzas da Armada en Ferrol. En San Felipe, os xenerais Salcedo, xefe da VIII División, e Caridad Pita, gobernador militar da Coruña. Estes dous mortos no castelo. Polo seu especial dramatismo falo do caso de Amada García Rodríguez, que tivo un fillo estando pendente de xuízo. Na primeira descarga do pelotón os soldados non lle dispararon, si aos seus compañeiros; na segunda descarga caeu ferida, sendo preciso o tiro de graza. Tiña 27 anos.


Otros libros del autor