CECAIS HAI UNHA LUZ

CECAIS HAI UNHA LUZ. DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2016

Editorial:
FUNDACION MANUEL MARÍA
Año de edición:
ISBN:
978-84-613-6704-7
Páginas:
46
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

9,00 €

CECAIS HAI UNHA LUZ
Que Manuel María é un crack está claro e que a súa obra dá mostra delo, tamén. O bo é que a estas alturas sigan aparecendo cousas escritas por el, inéditas, neste caso, “Cecais hai unha luz”, un poemario posiblemente escrito en 1979 e editado agora pola Fundación Manuel María. Os temas son os que imaxinamos, as raíces, o amor, o gratificante de vivir, o paso do tempo ou a natureza. Os seus versos, cun estilo único, cargados de comparacións e lúcidas metáforas, son un regalo que ninguén se debería perder.

Nunha ocasión, nun curso de ensino e literatura vin a dúas persoas chorar recordándoo. Un era Lois Diéguez, escritor e amigo. Outro, un director dun colexo que sendo rapaz vivira co escritor na súa época de estudante. Ese detalle… non sei… supoño que foi pola sinceridade coa que aconteceu, pola naturalidade, fíxome reflexionar sobre a persoa que debía haber detrás dos seus textos.

“A pesar de que eu me sinto
solidario co mundo,
habitante do universo
e odie as fronteiras,
teño unha terra miña,
unha patria de meu
na que están as raíces
que me xunguen ao chan,
ao latexo máis fondo
e á esencia máis propia.
Ningún home está só:
é sempre cos demáis
lembranza colectiva,
un salouco no tempo
preciso e arraigado.
Por iso eu non podo
ser cosmopolita,
pois son moi pequeniño,
demasiado home
para poder abranguer
todo o mundo:
abóndame a miña empobrecida,
neboenta
e colonizada patria:
unha terra de meu,
marabillosa e única”.
Manuel María

Otros libros del autor

  • UXIA. CANTA A MANUEL MARIA
    Titulo del libro
    UXIA. CANTA A MANUEL MARIA
    MARIA, MANUEL
    Disponible en 72h

    15,00 €

  • OS LONXES DO SOLPOR
    Titulo del libro
    OS LONXES DO SOLPOR
    MARIA, MANUEL
    Os lonxes do solporAutor: Manuel MaríaA publicación contén un LIBRO + CD + DVD. Tres formatos distintos para “voar c...
    Disponible en 5 días

    20,00 €

  • SONETOS Á CASA DE HORTAS
    Titulo del libro
    SONETOS Á CASA DE HORTAS
    MARIA, MANUEL
    A Fundación reedita este fermoso poemario que constitue unha guía imprescindible para unha visita A Casa museo Manue...
    Disponible en 5 días

    8,00 €

  • O BIGOTE DE MIMI
    Titulo del libro
    O BIGOTE DE MIMI
    MARIA, MANUEL
    O BIGOTE DE MIMIFUNDACION MANUEL MARIAMANUEL MARIA;XAQUIN MARIN Materia: NARRATIVA INFANTIL DATA DE EDICIÓN:01...
    Disponible en 5 días

    8,00 €

  • CANDO O MAR FOI POLO RÍO
    Titulo del libro
    CANDO O MAR FOI POLO RÍO
    MARIA, MANUEL
    Disponible en 5 días

    9,00 €