CELANOVA

CELANOVA

Editorial:
IR INDO
Año de edición:
Materia
FOTOGRAFÍA Y FOTÓGRAFOS
ISBN:
978-84-7680-271-7
Páginas:
176
Encuadernación:
CARTONÉ
Disponibilidad:
Agotado

41,70 €

Para comprender Celanova hai que sentir o peso dun inmenso pretérito sobre as costas.

Celanova é un percorrido polas orixes, costumes e paisaxe do concello ourensán dende o punto de vista de Méndez Ferrín e X.B. Reza, complementado coa mirada curiosa de Vítor Vaqueiro nas fotografías. A narración comeza falando do vento, que será unha constante durante a viaxe. Logo dun paseo polas rúas máis importantes da vila, comeza o periplo pola súa historia, xa que para comprender Celanova hai que sentir o peso dun inmenso pretérito sobre as costas. Partindo dos machados paleolíticos atopados na bisbarra, ese pretérito trasládase en forma de narración. Despois, a relixión, as xentes, a literatura e a permanente memoria de Celso Emilio e Curros pechan unha obra feita dende o coñecemento e amor a unha terra: Celanova.