CHARAMUSCAS

CHARAMUSCAS

Editorial:
EMBORA
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-16456-53-6
Páginas:
148
Encuadernación:
BOLSILLO
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

14,00 €
Comprar

Cal auga, terra e lume, Suso Lista xa ten a súa triloxía de relatos. Primeiro, en 2014, foi ”Salseiros”, unha serie de historias que nos levan polo mar salgado de Corme. Seguiulle en 2015 ”Xeixos”, de novo coas peculiaridades da vila mariñeira como fío condutor.

E xa está recén saída do forno a obra que completa esta triloxía, “Charamuscas”, tamén editado por Edicións Embora e que volve situarnos ante as pequenas cousas da vida. Desta volta Suso lévanos por toda a costa galega, de Ribadeo a Baiona, e ata fai algunha excursión literaria ata Mojácar.

Xa o apunta Manuel Rivas no prólogo: Tende conta ao intentar apreixar as Charamuscas. Son dunha irrompíble fraxilidade. Teñen a verdade do que queima e asemade engrada os ollos. Son historias escritas coas mans de Suso Lista, das que o poeta Paul Celan ben diría: “Só ás mans verdadeiras escriben contos verdadeiros”.

Como non podía ser doutro xeito, o polifacético escritor (foi marino mercante, percebeiro, actor, guionista…) fará a presentación na casa. Estades todos convidados este sábado 27 de maio, ás 17:45h na Solaina de Corme, onde estará arroupado por Miguel Toval e Xosé Manuel Varela.