CO SAL NAS MANS

CO SAL NAS MANS. HOMENAXE A OS MARIÑEIROS

Editorial:
DEPUTACION DE PONTEVEDRA
Año de edición:
ISBN:
978-84-8457-391-3
Páginas:
191
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Agotado

20,00 €

Este libro é un homenaxe a todos os mariñeiros que dedicaron a maior parte da súa vida ó oficio do mar, desenvolvendo una arte que os fixo sabios no emprego dos palangres e demais aparellos de pesca.

O autor dice que recorda con especial cariño a todos os que tivo a oportunidade de entrevistar; grazas a eles hoxe sabemos un pouco máis da mestría do seu oficio. Son admirables a coraxe e a valentía dos nosos navegantes, o seu aguante e sangue frío, mantendo sempre o rumbo á capa, desafiando os temporais.

¡Homes de ferro en barcos de madeira!, isto é o que lles dicían os irelandeses ós mariñeiros cando atracaban nas súas costas para repoñeren víveres e combustible ou para resgardarse das intensas borrascas. O traballo era moi duro, de sol a sol; os veráns no Gran Sol só teñen tres horas de noita.

Este libro é o resultado dun traballo de entrevistas e recompilación de fotografías, dende 1930 ata 1960, co obxectivo de coñecer máis de preto a vida e o oficio dos mariñeiros.

Todos os textos recollen testemuños verídicos, contados polos propios protagonistas. Na medida do posible o autor intentou conservar a virxindade dos seus relatos para manter a esencia sintáctica e terminolóxica da linguaxe empregada polos mariñeiros. Pero, sobre todo, procurou preservar a alma duns homes esquecidos para sentir, máis de preto, o balanceo do barco e como o movemento das ondas do mar nos impregnan a faciana.

As fotografías falan por si soas: recollen escenas e situacións da vida destes homes do mar que invitan ó recordo e á nostalxia. Neste extenso labor recompilador Paulino Ambrosio seleccionou as que, dende o seu punto de vista, teñen un maior interese e poden espertar as nosas ilusións e paixóns; tamén as que dan a coñecer, en liñas xerais, como traballan e vivían en alta mar e en terra.