COAS PALPEBRAS BAIXAS

COAS PALPEBRAS BAIXAS. POESIA

Editorial:
FOLLAS NOVAS
Año de edición:
Materia
POESÍA GALEGA
ISBN:
978-84-695-6834-7
Páginas:
76
Encuadernación:
RÚSTICA
Colección:
DOLOUREIRO
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

12,00 €

O libro Coas pálpebras baixas sitúase de cheo no ámbito da poesía amorosa, e parece ter xurdido dunha fonda experiencia persoal. Ao presentarse como nacida dunha vivencia intensa, é lóxico que a expresividade da autora se decante pola espontaneidade e a emoción. Por iso o libro amósase, no seu conxunto, como claramente unitario: ao servizo dunha poesía de expresión, da comunicación e dunha certa catarse liberadora. Estamos, de cheo, nos territorios da poesia lírica, aínda que se nos desvele, como estrutura íntima, unha certa historia persoal que lle outorga un importante matiz de narratividade ao conxunto. Mais prevalece o lirismo porque o poemario se sustenta nas vivencias e emocións máis íntimas, na viva subxectividade, nas confidencias dunha interioridade que se ispe na evocación emotiva e na discreta confesión.