O novo libro do cociñeiro André Arzúa compila máis de medio cento de receitas en galego
O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, asistiu en Allariz ao acto de presentación de ‘André Arzúa – Cociña II’
O segundo volume publicado por este chef presenta unhas receitas nas que sobresae a materia prima da nosa terra
Allariz (Ourense), 4 de decembro de 2015.- O restaurante A Fábrica de Vilanova, en Allariz, foi este venres o escenario da presentación do segundo libro do seu chef André Arzúa. Baixo o título ‘André Arzúa – Cociña II’ compila algo máis de medio cento de receitas do seu autor, formado en Hostalaría en Santiago de Compostela, e que tras unha bagaxe en diferentes restaurantes puxo en marcha o seu propio proxecto en 2004: A Fábrica de Vilanova, ata a que acudiron personalidades e autoridades; entre elas, o secretario xeral de Política Lingüística. Valentín García destacou a “alta calidade” deste libro de receitas en galego.
A experiencia que André Arzúa adquiriu e o traballo diario e intenso do restaurante, unido a unha investigación seria e esixente, deron lugar a este amplo receitario, posto en práctica no restaurante e reunido agora nestes volumes; o primeiro deles, esgotado. O segundo volume é un amplo libro de receitas que vén, ademais, ilustrado cun cento de instantáneas do fotógrafo e deseñador gráfico Alberte Sánchez. O limiar correu a cargo do antropólogo Marcial Gondar.
Cociña II
Case nove anos despois do seu libro de receitas ‘Cociña’ –obra con más de 300 receitas e froito da cociña de autor que practica este activo chef- chega o segundo volume. Raviolis de queixo de arzúa e noces con curry, crocante de San Simón con mouse de anchoa, desorde de verduras, paté caseiro con cogomelos, pescada en papillote con verduras deshidratadas e zamburiñas ou canelóns de boi de mar con algas son algunhas das receitas que descubriremos entre as duascentas páxinas deste manual.
O volume está ademais ilustrado cunhas fotografías, tanto das receitas coma de todo o que arrodea o mundo culinario, sen artificios, mesmo en branco e negro; e sen empregar produto químico algún (escumas, vernices, líquidos de fume,…) nos empratados.
André Arzúa
Andrés Manuel Arzúa Tizón naceu en Caldas de Reis (Pontevedra) e comezou desde moi pequeno a súa relación cos produtos da nosa terra vendendo froita coa súa nai e e a súa avoa por feiras e mercados.
Ao comezo do libro hoxe presentado, o psiquiatra Emilio Gónzález sinala sobre este cociñeiro que “[André] materializa nun prato infinidade de sentimentos que busca traducir en sabores, aromas e imaxes. Converte a comida nunha experiencia sensorial”.
‘André Arzúa, Cociña II’, unha pequena xoia da literatura gastronómica
Decembro 10, 2015 Sección: Novas,Portada Preme aquí para ver todos os artigos de: Redacción
Alberte Sánchez e André Arzúa
Alberte Sánchez e André Arzúa
Por desgraza, non é moi habitual que se publiquen libros gastronómicos no noso sistema literario pero máis excepcional é que aparezan con tanta calidade como a que atesoura o último traballo de André Arzúa, o cociñeiro do restaurante A Fábrica de Vilanova (Allariz). O chef apostou por autoeditar un novo libro coas súas experiencias culinarias que se transforma ao saír da imprenta nun verdadeiro traballo de ourivería. Tal e como sinala o crítico gastronómico Manolo Gago “o novo libro de André Arzúa, Cociña II, supón un salto cualitativo dos libros de gastronomía en galego, o mellor editado ata o momento ao meu ver.”
Ademais da recoñecida traxectoria de Arzúa na cociña, hai sen dúbida neste libro unha achega moi singular en todo o que ten que ver coa forma (fotografía, deseño e edición). E aí está a man precisa do fotógrafo e deseñador Alberte Sánchez Regueiro (Distrito Xermar). O cercedense contribúe de xeito decisivo a que a obra mude en algo que vai moito máis aló dun mero libro de receitas. Como resalta Gago, con contados recursos, o libro gastronómico é quen de situarse, no que respecta á calidade de edición, á beira das máis afamadas publicacións internacionais. Sen dúbida, un bo agasallo para estas festas, especialmente recomendable para os amantes da cociña, da fotografía e para os que estiman o libro como obxecto.
www.letrasenobras.com
El libro del chef André Arzúa recopila más de cien recetas en gallego
Platos como desorden de verduras, paté casero con setas o pescado en papillote con verduras deshidratadas son algunas de sus propuestas
madrid / efe, 06 de diciembre de 2015. Actualizado a las 05:00 h.
4
671
0
0
0
Un libro sobre cocina del chef André Arzúa titulado Cociña II, reúne un centenar de recetas de cocina, escritas en gallego, una forma de conocer su cocina de autor, desde raviolis de queso de Arzúa y nueces con curry, a crocante de San Simón con mousse de anchoa o paté casero con setas.
PUBLICIDAD
inRead invented by Teads
El secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, destacó en la presentación del libro la «alta calidad» de las recetas de Arzúa, que muestran el «trabajo diario e intenso del restaurante, unido a una investigación seria y exigente», ha detallado. Tras agotarse el primer volumen, Cociña II presenta más de un centenar de recetas, ilustradas por el fotógrafo y diseñador gráfico Alberte Sánchez.
Platos como desorden de verduras, paté casero con setas, pescado en papillote con verduras deshidratadas y zamburiñas o canelones de buey de mar con algas son solo algunas de las propuestas que recoge este recetario.
La Voz de Galicia