COLECCIÓN AS 50 MÁIS COMÚNS

COLECCIÓN AS 50 MÁIS COMÚNS

Editorial:
BAIA
Año de edición:
Materia
TIERRA Y MEDIOAMBIENTE
ISBN:
978-84-9995-158-4
Páginas:
134
Encuadernación:
Rústica
Disponibilidad:
Agotado

27,60 €

Aprende a recoñecer os 50 cogomelos, as 50 árbores e as 50 aves máis comúns de Europa Occidental.

Esta colección mostra as 50 especies máis comúns de aves, de árbores e de cogomelos do extremo SW europeo. Con respecto á aves mostra as 50 especies máis comúns de aves, da chamada rexión eurosiberiana, desde o meridiano 15 até o finis terrae, con información sobre os seus costumes: onde viven e crían, de que se alimentan, como voan?

Co libro dos cogomelos aprenderás a recoñecer os máis comúns, os seus usos, como ir ao monte a apañalos e outros aspectos de interese sobre a súa conservación. Nas fichas de descrición achégase a información necesaria para identificalos, incorparando imaxes das especies semellantes coas que se poderían confundir.

Co libro das árbores, os textos e ilustracións detallados das súas follas, flores e froitos, da códia e do aspecto xeral nas distintas estacións proporcionan o coñecemento suficiente para identificalas. Tamén achega interesante información sobre os seus usos e os beneficios que nos proporcionan aos seres humanos e aos animais en xeral.

Pack que inclúe as seguintes publicacións:

Aves. 978-84-92630-75-2
Árbores. 978-84-92630-76-9
Cogomelos. 978-84-92630-81-3