COMPENDIO DE HERBAS MÁXICAS

COMPENDIO DE HERBAS MÁXICAS. USO "MÁXICO-ESPIRITUAL" RELEGADO E ÁS MEIGAS, FEITICEIRAS E MEIGOS, QUE, CO SEU BO FACER, AXUDARON E AXUDAN AÍNDA HOXE EN DÍA A TANTAS PERSOA

Editorial:
BAIA
Año de edición:
Materia
SOCIEDAD Y CULTURA: GENERAL
ISBN:
978-84-9995-046-4
Páginas:
116
Encuadernación:
BOLSILLO
Disponibilidad:
RECÍBELO EN 72H

16,55 €
Comprar

Antigamente homes e mulleres vivían fortemente ligados á natureza, tanto é así que as súas actividades vitais estaban vinculadas aos seus ciclos naturais e, polo tanto, eran grandes observadores das súas bondades e crueldades.

Co tempo fixémonos moi hábiles no coñecemento das súas calidades, sobre todo das plantas, usándoas para curar e cubrir as nosas necesidades físicas e espirituais.

Só recentemente, co desenvolvemento da ciencia moderna, se deixou de lado o uso místico e espiritual das plantas, relegándoo en pouco tempo case ao esquecemento.

Este libro pretende ser unha homenaxe a ese uso "máxico-espiritual" relegado e ás meigas, feiticeiras e meigos, que, co seu bo facer, axudaron e axudan aínda hoxe en día a tantas persoas.

Con todo, non está de máis ter en conta que a natureza é unha arma de dobre fío e, por iso, espero que saibades empregar este Compendio non como un manual de consulta, para iso hai outros libros, senón como un achegamento a un aspecto tan importante da nosa tradición cultural, real-fantástica.

Otros libros del autor