CONTOS DE NADAL

CONTOS DE NADAL

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
INFANTIL Y JUVENIL
ISBN:
978-84-9782-083-7
Páginas:
128
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Descatalogado

19,91 €

Oito contos de nadal reunidos nun volume singular, de grande formato e encadernación acortonada, que constitúe un feito único na edición en lingua galega. A recuperación do clasicismo narrativo do conto emotivo, que frecuentara Emilia Pardo Bazán, transformado por Manuel Rivas en neons de emoción, reinventadas visualmante por Miguelanxo Prado. O diálogo expansivo entre estas dúas miradas sensibles converten a este libro nunha buguina de esperanza. Oito historias acontecidas nos días de nadal, imaxes dunha realidade luxada pola incerteza do noso tempo e transformadas pola alquimia da memoria.
"O namorado de María" ou a peripecia dos tres Magos que queren inventar a verdade a bordo dun coupé packard, circulando por un país condenado á insuficiencia respiratoria.
"Madonna" ou a crónica emocionante dunha rapaza de cuarto de ESO, magoada polo mal das vacas tolas que afecta a unha das vacas da súa granxa o día de Noiteboa.
"O partido de Reis" ou a proeza de Félix, ese mozo con síndrome de Down, que consegue pasar a raia estremecendo aos seus compañeiros de equipo que desputan un encontro cos das Casas Baratas.
"O amor das sombras" ou o camiño que percorre na Noiteboa, acompañado do seu can, o vello solitario na procura da namorada da súa memoria.
"A barra de pan" ou a sorprendente narración de como o Chanel comeu unha alma, transformada en barra de pan naqueles tempos da fame e da cartilla de racionamento.
"O carteiro de Papá Noel" ou a experiencia de quen traballou ao servizo duns grandes almacéns e comprobou abraiado que naquela noite había moita felicidade que repartir.
"Okay" ou a traxedia do naufraxio na Noiteboa do Begonia, o mellor buque do Gran Sole, provocado por un maldito golpe de mar.
"A chegada de Ingrid" ou o recordo do regreso de Alemaña dun dos compoñentes daquel curioso Dúo Dinámico, que trouxo na maleta Ingrid, a moneca que falaba da súa soidade e expresaba o desexo de ser amado.

Otros libros del autor

  • ELLA, MALDITA ALMA
    Titulo del libro
    ELLA, MALDITA ALMA
    RIVAS, MANUEL
    EL LIBRO QUE INSPIRA LA SERIE DEL MOMENTOMANUEL RIVASPremio Nacional de las Letras Españolas«Una extraordinaria cali...
    En stock

    19,90 €

  • O LAPIS DO CARPINTEIRO
    Titulo del libro
    O LAPIS DO CARPINTEIRO
    RIVAS, MANUEL
    «O lapis do carpinteiro» é unha historia de amor, melancolía e liberdade. Un grande amor en tempo de guerra e posgue...
    En stock

    19,50 €

  • O MÁIS ESTRAÑO
    Titulo del libro
    O MÁIS ESTRAÑO
    RIVAS, MANUEL
    Dise no coro de Antígona que hai moitas cousas estrañas no universo, pero que o máis estraño é o ser humano. A boca ...
    RECÍBELO EN 48H

    27,50 €

  • DETRÁS DEL CIELO
    Titulo del libro
    DETRÁS DEL CIELO
    RIVAS, MANUEL
    LA NUEVA NOVELA DE MANUEL RIVAS Un noir que aborda el poder, la violencia, la corrupción, la defensa de la naturalez...
    RECÍBELO EN 48H

    19,90 €

  • TRAS DO CEO
    Titulo del libro
    TRAS DO CEO
    RIVAS, MANUEL
    Unha cuadrilla de cazadores, urbanos e con relacións de amizade e negocios, participa nunha batida na que o obxectiv...
    RECÍBELO EN 48H

    20,50 €