CORUÑA ANOS 20

CORUÑA ANOS 20

Editorial:
ALVARELLOS
Año de edición:
Materia
CONSULTA
ISBN:
978-84-16460-40-3
Encuadernación:
RÚSTICA
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

11,50 €

Un documento gráfico moi descoñecido da cidade da Coruña: a serie completa das doce imaxes panorámicas que, nos anos vinte do século pasado, comercializou como postais de gran formato (29 x 13 cms) o fotógrafo francés Luciano Roisin. Dende aquela, non volveran ser difundidas. Son doce escenas urbanas de alto valor documental. Preséntanse agora nesta nova edición coa estética e formato orixinais e gardadas nun novo estoxo deseñado especialmente para esta ocasión.

O NACEMENTO DO TURISMO

Na década dos anos 20, A Coruña, de igual xeito que outros puntos de Galicia e España, vivía o nacemento dun turismo que demandaba souvenirs gráficos dos lugares máis atractivos. O fotógrafo Luciano Roisin (París, 1884-Barcelona, 1943), recoñecido editor de postais afincado en Barcelona (onde creou “La Casa de la Postal”) confeccionou un álbum con doce imaxes moi visuais, panorámicas, d’A Coruña. Descoñecemos se Roisin foi o autor das fotografías, só sabemos que el foi o seu editor (pois adoitaba tamén encargar o material por toda España). A exposición que se verá na Coruña parte da reprodución directa dun dos exemplares orixinais de postais, pertencente ao Arquivo Gráfico de Alvarellos Editora.

QUE MOSTRAN AS IMAXES?

As imaxes mostran, en palabras do editor Alvarellos, “unha cidade grandiosa, fermosa, que hoxe segue a ser moi atractiva, pero que é moi distinta á que nos traen estas doce panorámicas: as barcas amarradas no Parrote, o novo rañaceos do Banco Pastor sobresaíndo no skyline (un edificio inaugurado no outono de 1925, e que foi, cos seus 40 metros de alto, o primeiro rañaceos de Galicia), unha praia de Riazor con bañistas entre gamelas, os Cantóns cos emblemáticos hoteis como o Gran Hotel de Francia, o Gran Hotel Londres, o Hotel Palace ou o Atlantic Hotel... Fronte a eles apenas vemos coches, só tranvías e peóns. E tamén temos panorámicas como a do Castelo de San Antón, a Torre de Hércules, unha vista —moi diferente a hoxe— dende a Torre, ou a actividade no Porto cun barco pesqueiro que, no intre da foto, está a botar as redes, co sistema do cerco, a escasos metros do litoral”.

“Luciano Roisin sempre buscaba perspectivas extraordinarias das cidades, moi visuais e de gran profundidade, como a que obtén dende o alto do rañaceos do Banco Pastor. Será unha delicia para coruñeses e visitantes; non o dubidamos”, conclúe Alvarellos.

? VER A CORUÑA ANOS 20 (II). Oito novas panorámicas.




PDF [Ficha + nota de prensa]
O autor/a
O autor/a

Luciano Roisin (París, 1884-Barcelona, 1943). Recoñecido fotógrafo e editor de postais. En Barcelona creou "La Casa de la Postal". Percorreu toda España fotografando ou encargando material gráfico das grandes cidades, imaxes que comercializaba logo como postais.




PREZO: 11,50 €

u.


Pack 12 postais con estoxo 29 x 13 cms. ISBN 978-84-16460-09-0