CUESTIONS VITAIS SECRETAS

CUESTIONS VITAIS SECRETAS

Editorial:
GALAXIA
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-9865-607-7
Páginas:
178
Encuadernación:
Rústica
Colección:
LITERARIA
Disponibilidad:
Disponible en 5 días

18,00 €

Os relatos de Iván García Campos introdúcense no interior das vidas correntes para axudar a quen le a desvelar o inminente: aquilo que sempre está a piques de acontecer e parece que endexamais chegará a realizarse. Coa precisión dun ebanista, o autor ensambla emocións, xestos e desexos; pescuda nos feitos, observa o comportamento, narra os pormenores para debuxar o contorno do que nunca se conta, para asediar o destino que os segredos marcan. Velaí a razón de que as cousas que permanecen sen ver a luz exerzan tanta atracción, o motivo polo que acaban subxugando a quen as experimenta.

Cinco anos despois a publicación da súa primeira novela, Iván Garcia Campos entrega aos lectores un libro escrito desde a cerna da literatura. Logo de obter o Premio Blanco Amor en 2010 coa súa novela O imposible de desatar, publica agora o libro de relatos Cuestións vitáis secretas. Nesta nova obra, García Campos introdúcese no interior das vidas correntes para axudar a quen le a desvelar o inminente: o que sempre está a piques de acontecer e parece que endexamais chegará a realizarse.

O autor ensambla emocións, xestos e desexos; pescuda nos feitos, observa o comportamento, narra os pormenores para debuxar o contorno do que nunca se conta, para asediar o destino que marcan os segredos. Introducirse nas vidas dos personaxes de García Campos é como volver a vivilas, como adquirir momentaneamente o dereito a albiscar algo que os personaxes semella que non queren ou non poden chegar a ver.

As instrucións de uso deste libro de relatos resúmense no decálogo do autor: 1) os relatos están unicamente unidos pola tensión e pola intención; non polo que narran, nin pola extensión: polo que suxiren; 2) os relatos non responden, preguntan; non resolven problemas, formúlanos. 3) "A verdadeira construción do coñecemento non se produce a partir das respostas que damos a preguntas alleas, senón desde o propio modo no que nós mesmos interrogamos o mundo"(Noelia M. Pena); 4) sentir curiosidade pola complexidade humana, pola fraxilidade dos vínculos persoais; interesarse fundamentalmente polos aspectos cotiás da vida; 5) escribir evitando o obvio; evocar o máximo co mínimo; a condensación, non a folgura; 6) considerar o entendemento tan parcial que ten unha persoa da vida dos que o rodean e, se cadra, da propia vida; 7) por veces, como Sherlock Holmes recoñeceu, o máis importante que ocorre é "nada", como cando o can non ladra; 8) establecer o xogo de suxestións axeitado para desprazar o miolo do relato fóra do texto, porque o importante dun texto non ten por que estar dentro del, senón fóra, envolvendo o relato; 9) crer en que le, porque ten a capacidade de deducir unha historia do que se omite; 10) nada xera máis narración ca os pormenores.

Iván García Campos (A Coruña, 1974) obtivo en 2008 o Premio Nacional de Narracións Curtas Modesto Rodríguez Figueiredo, instituído pola Fundación do Pedrón de Ouro, pola sua obra Unha casa chea de xanelas. Coa súa primeira novela, O imposible de desatar, recibiu o Premio Blanco Amor en 2010.

palabrasymundos.blogspot

Otros libros del autor

  • O VIAXEIRO PERFECTO
    Titulo del libro
    O VIAXEIRO PERFECTO
    GARCIA CAMPOS, IVAN
    Ese vínculo descoñecido vainos levar a facer unha viaxe, a derradeira viaxe de Raimundo. A vida de ambos vaise despr...
    Disponible en 5 días

    17,50 €

  • IMPOSIBLE DE DESATAR
    Titulo del libro
    IMPOSIBLE DE DESATAR
    GARCIA CAMPOS, IVAN
    Todas las familias felices se parecen, pero cada familia es desgraciada de distinta forma. Como en un crucigrama, en...
    RECÍBELO EN 72H

    17,50 €

  • O IMPOSIBLE DE DESATAR
    Titulo del libro
    O IMPOSIBLE DE DESATAR
    GARCÍA CAMPOS, IVÁN
    Todas as familias felices se parecen, máis cada familia é desgrazada dun xeito diferente. Coma nun encrucillado, en ...
    Disponible en 5 días

    17,50 €

  • PUB: VIAXEIRO PERFECTO, O
    Titulo del libro
    PUB: VIAXEIRO PERFECTO, O
    GARCIA CAMPOS, IVAN
    Agotado

    6,66 €