De aquí para alá
Lydia Botana Taibo, Roy Dosil Chas
A través da música contaremos a historia dunha bolboreta que vai polo mundo na procura de algo que faga feliz ao seu novo amigo Gali que vive en África e está moi triste.
Embarcarémonos nunha viaxe musical arredor do mundo pasando polo Brasil, Cuba, Xamaica, os Balcáns, Estados Unidos, Galicia e lugares máxicos por descubrir.
Cantaremos con Lydia o retrouso De aquí para alá que nos levará ao seguinte lugar transportando unha mesma melodía por xéneros musicais coma a batucada, o rap, o son cubano, o reggae, o ska…
Contén un CD con 1 audio conto, 13 cantigas, 12 pistas karaoke e 1 arquivo PDF con 1 unidade didáctica.
Colección
Multimedia
Materia
Infantil
Idioma
Galego
EAN
9788482894942
ISBN
978-84-8289-494-2
Data publicación
18-11-2015
Páxinas
58
Ancho
22 cm
Alto
22 cm
Edición
Tapa dura + CD
Compartir no Twitter
Compartir no Facebook
Compartir no Google+
Lydia Botana é música multiinstrumentista e titulada polo Conservatorio Superior de Música da Coruña en Pedagoxía da Linguaxe e a Educación Musical.Ten formado parte de diversas agrupacións tanto rock, pop, reggae/ska, coma ensembles de percusión, bandas sinfónicas ou dirección