DE REMATE

DE REMATE

Editorial:
XERAIS
Año de edición:
Materia
MODERNA Y ACTUAL
ISBN:
978-84-9914-931-8
Páginas:
216
Encuadernación:
Rústica
Colección:
NARRATIVA
Disponibilidad:
En stock

19,50 €
Comprar

De remate é unha novela tremendamente singular no xeito de narrar. Está construída fragmentariamente a través das columnas de opinión do seu protagonista, o xornalista Bieito Sanmarful, complementadas con textos pertencentes ao seu diario íntimo e outros materiais de diversa procedencia: correos electrónicos, anotacións en blogs, poemas, documentos oficiais...
A través das páxinas desta novela non asistimos só ao retrato sociolóxico da Galicia que habitamos, senón que tamén imos descubrindo a propia vida e o itinerario persoal do protagonista, aflixido por unha doenza coa que se ve obrigado a convivir e que combate con humor, ironía e estoicismo.
Coa lectura dos seus textos imos descubrindo un Bieito Sanmarful que se mostra, nos últimos anos de súa vida, como unha persoa fráxil e dependente, autoesixente, que nos achega a súa visión nada dogmática sobre o mundo e as persoas que o rodean, a través dunha reflexión permanente sobre si mesmo.
Estamos ante un relato de estrutura poliédrica no que se artella un calidoscopio literario do país e dos seus habitantes valéndose dunha amálgama de estilos metaliterarios cos que o propio autor comparte protagonismos.
De remate é unha novela entretida, divertida, ben escrita, que recrea con acerto e moita habilidade diferentes rexistros lingüísticos, incluídas diversas variantes dialectais que axudan a retratar os personaxes; unha novela sólida, moderna, que convence, que engancha e que nos fai redescubrir o gusto pola palabra.

Otros libros del autor

  • MOITA FROITA
    Titulo del libro
    MOITA FROITA
    CAJARAVILLE, HÉCTOR
    A profe Lola/ trouxo froita para a escola...Un libro de aprendizaxe temperá con vistosas fotografías e un texto simp...
    RECÍBELO EN 72H

    13,50 €

  • FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO. O LEGADO SILANDEIRO
    Titulo del libro
    FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO. O LEGADO SILANDEIRO
    CAJARAVILLE, HÉCTOR
    Francisco Fernández del Riego (1913-2010) foi o principal dinamizador do galeguismo cultural tras o abrupto corte qu...
    En stock

    13,50 €

  • XESTAS OLÍMPICAS
    Titulo del libro
    XESTAS OLÍMPICAS
    CAJARAVILLE, HÉCTOR
    Desde que en 1896 se celebraron as primeiras olimpíadas modernas, podemos atopar en todas elas historias de a cabalo...
    RECÍBELO EN 72H

    12,50 €

  • FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN. POLOS VIEIROS DA SAUDADE
    Titulo del libro
    FLORENCIO DELGADO GURRIARÁN. POLOS VIEIROS DA SAUDADE
    CAJARAVILLE, HÉCTOR
    Florencio Delgado Gurriarán (1903-1987) destacoucomo poeta, e segue a ser o autor máis epresentativo da súa Valdeorr...
    RECÍBELO EN 72H

    12,95 €

  • RICARDO CARVALHO CALERO. A PEGADA DO COMPROMISO
    Titulo del libro
    RICARDO CARVALHO CALERO. A PEGADA DO COMPROMISO
    CAJARAVILLE, HÉCTOR
    Ricardo Carvalho Calero é unhas das figuras de obrigada referencia na historia do idioma galego: como investigador, ...
    Disponible en 5 días

    13,50 €