DENÉBOLA A ROXA

DENÉBOLA A ROXA. MEIGA MOIRA 29

Editorial:
BAIA
Año de edición:
Materia
A PARTIR DE 12 AÑOS
ISBN:
978-84-9995-210-9
Páginas:
200
Encuadernación:
BOLSILLO
Disponibilidad:
Reimpresión

13,25 €

O 15 de marzo de 1600, o mesmo día en que fai quince anos, Denébola recibe a noticia de que o seu pai decidiu enviala como noviza a un convento de clausura. Pero a moza, que comparte nome cunha das estrelas máis brillantes da constelación de Leo, loitará por un futuro máis luminoso ca este que o seu pai, o poderoso señor de Mourentán, elixiu para ela.

Marcada pola superstición asociada á súa cabeleira roxa, buscará o modo de rexerse polos seus propios principios e tomar as rédeas do seu destino. Na súa viaxe á procura da liberdade acabará chegando a América, un Novo Mundo no que todo está por facer e onde é posible converter en realidade o soño de trazar o seu camiño na vida.

Ao longo da novela asistimos á transformación da xove protagonista nunha muller que se rebela contra os prexuízos, as convencións e os costumes do seu tempo. Nunha época en que as mulleres están subordinadas por completo aos designios masculinos e condenadas a un papel de submisión, Denébola agarra con forza o temón da súa vida e acaba sendo primeiro capitá dun barco pirata e logo propietaria dun dos maiores consorcios para o transporte de mercadorías entrambas as beiras do Atlántico.

'Denébola a Roxa'é unha novela de aventuras de estrutura áxil e dinámica, que relata o desafío dunha muller brava nun mundo de homes. Un exemplo de como a afouteza e a perseveranza conseguen derrubar todas as barreiras.

Otros libros del autor

  • O SEGREDO DA CASA DE FORMOSO
    Titulo del libro
    O SEGREDO DA CASA DE FORMOSO
    CAJARAVILLE ARAUJO, HECTOR
    David é o único fillo dunha parella de emigrantes galegos en Nova Jersey que viaxa a Galicia, onde só estivera ao p...
    RECÍBELO EN 72H

    12,95 €

  • OS XOGOS DE PALABRAS NA PRENSA GRATUÍTA EN GALEGO: DE LUNS A VENRES
    Titulo del libro
    OS XOGOS DE PALABRAS NA PRENSA GRATUÍTA EN GALEGO: DE LUNS A VENRES
    CAJARAVILLE ARAÚJO, HÉCTOR
    Este estudo parte da premisa de que os xogos de palabras son un recurso habitual nos titulares xornalísticos á hora ...
    Disponible en 5 días

    5,00 €

  • OS METROSIDERAIS
    Titulo del libro
    OS METROSIDERAIS
    CAJARAVILLE ARAUJO, HECTOR
    Estela, Kofuku, Li, Tomás e a súa cadela Lía conforman a Banda do Cigurat, un grupo de rapaces e rapazas que consoli...
    RECÍBELO EN 72H

    12,95 €